Aviso:

[Pechar}


Baiona 2014-06-12

Subscríbete á nova newsletter do Fondo Galego

O boletín electrónico dá conta das últimas noticias da cooperación municipalista e da axenda de actividades de sensibilización.

 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de lanzar un novo boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as novidades da cooperación municipalista. A newsletter recolle tamén as vindeiras citas na axenda de actividades de sensibilización nas deputacións e concellos socios, alén doutras cuestións de interese como cursos e convocatorias. Para recibir a información por correo electrónico basta con subscribirse na portada da web do Fondo Galego ou nesta ligazón.

O boletín estreouse a comezos de xuño con novas sobre as aulas de fotografía social, o adiamento da convocatoria de proxectos ou a resolución de Vacacións con Traballo. Facíase eco asemade do último encontro dixital #Alén2015 e dos avances nos proxectos en El Salvador e Mozambique. O contido completo pódese consultar aquí e compartir nas redes sociais.

Con esta newsletter ponse en marcha un dos mecanismos identificados no Plan de Comunicación Online do Fondo Galego para reforzar a información á cidadanía e ás ONGD, que á súa vez poden reenviala á súa base social. Contribúese así a poñer en valor a achega da cooperación municipalista, e das deputacións e concellos que fan parte dela, á construción dun mundo máis xusto e solidario. Ao tempo, a comunicación das distintas actuacións é clave para potenciar a súa dimensión sensibilizadora e, polo tanto, transformadora, á vez que constitúe un exercicio de transparencia.

Subscríbete á nova newsletter do Fondo Galego