Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2016-01-18

Taller de Solidariedade amosa os efectos positivos da cooperación na vida das e dos nicaraguanos

- Unha exposición recolle os testemuños de seis das 154 persoas beneficiadas polo proxecto apoiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A mostra 'Chaves do cambio' áchase no HULA de Lugo ata o 1 de febreiro e despois percorrerá outras tres cidades para sensibilizar fronte as desigualdades.

A exposición 'Chaves do cambio' amósase ata febreiro no Hospital Universitario Lucus Augusti.Taller de Solidariedade está a sensibilizar a través da exposición 'Chaves do cambio' sobre os efectos positivos que a cooperación internacional produce na vida das persoas dos países empobrecidos. A mostra encádrase no proxecto que a ONGD desenvolveu en Nicaragua co financiamento do Fondo Galego de Cooperación e co Inprhu-Somoto como parceiro local, cuxo obxectivo era impulsar o agroturismo de xeito que contribuíra a soster un Centro de Educación Alternativa Rural. Ata o 1 de febreiro pode verse no Hospital Universitario Lucus Augusti e logo amosarase noutras tres cidades.

Os paneis recollen os testemuños de Rosalina, Manuel, Douglas, Oneyda e os irmáns Ernesto e Héctor, que se atopan entre as 154 persoas indíxenas beneficiadas polo proxecto. Trátase de estudantes, artesáns e guías que posan sostendo a súa chave do cambio e explican como o seu día a día mellorou grazas á iniciativa apoiada desde Galicia. O fotógrafo José Manuel Fandiño, logroñés afincado no país centroamericano, é o autor destes retratos aos que se suman imaxes sobre o desenvolvemento do proxecto.

As chaves do coñecemento, a abundancia e a harmonía que estruturan a exposición representan os tres eixos da intervención, que valora o turismo sustentable como fonte de oportunidades, o desenvolvemento da produción agrícola para mellorar a situación económica das familias e a profesionalización da artesanía como forma de vida e expresión da indentidade chorotega. Para acadar estes obxectivos, leváronse a cabo actividades coma o equipamento da oficina de atención a visitantes, acondicionamento de cuartos, participación en feiras, formacións, intercambios de experiencias e accións de difusión.

No municipio de Totogalpa, o 85% da poboación é chorotega, etnia indíxena que loita por acadar o recoñecemento social e mellorar as súas condicións de vida. A gran maioría vive baixo o limiar da pobreza e, ante a falta de emprego e a dificultade de acceso aos servizos, moitos deciden emigrar. O aproveitamento sustentable dos atractivos turísticos naturais e culturais da zona poden contribuír a paliar esta situación.