Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-10-08

Técnicas municipais de Pontevedra e Allariz cooperan en Cabo Verde e Nicaragua

- Emma Teixeira e Estela Iglesias reforzan os proxectos a prol da igualdade   de xénero e o turismo sostible apoiados polo Fondo Galego.
- As voluntarias do programa internacional Vacacións con Traballo van relatando nun blog as súas vivencias en senllos países do Sur.

Emma Teixeira coas mulleres da cooperativa A Sulada.Persoal dos concellos de Pontevedra e Allariz a atópase en Cabo Verde e Nicaragua, respectivamente, para colaborar cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través das Vacacións con Traballo. O programa de voluntariado en países do Sur dirixido aos cadros das deputacións e concellos socios da entidade asóciase este ano a senllos proxectos que buscan fomentar alternativas de desenvolvemento económico endóxeno.

A técnica de Orientación Laboral no consistorio pontevedrés, Emma Teixeira, participa no fortalecemento dunha cooperativa de mulleres artesás na municipalidade caboverdiana de Ribeira Grande, mentres que a técnica de Comunicación e Turismo allaricense, Estela Iglesias, apoia a iniciativa de turismo comunitario liderada pola ONGD nicaraguana Instituto de Promoción Humana-Somoto. Ambos os dous proxectos están cofinanciados polo Fondo Galego, cunha achega extraordinaria do Concello de Vigo.

Estela Iglesias nunha xuntanza do Inprhu-Somoto.Emma Teixeira, que partiu o 13 de setembro e volve o 12 de outubro, explica que "a experiencia está a ser marabillosa polas mulleres, por compartir vivencias e porque sobre o terreo comprobas a importancia da cooperación internacional". Na cooperativa A Sulada, as integrantes reciben formación en artesanía, xestión, alfabetización, autoestima, etc. "As mulleres de aquí lémbranme moitísimo ás galegas: fortes, decididas, loitadoras, mulleres moi traballadoras ás que nunca se lles recoñece ese esforzo", di a voluntaria.

Estela Iglesias, que viaxou o 24 de setembro e regresa o 25 de outubro, comezou por visitar as distintas accións que coordina o Inprhu-Somoto no eido do turismo sostible e considera que "aínda están na fase de despegue, pero as potencialidades son moitas". No entanto, estima que a posta en marcha deste programa "xa é un éxito en si, porque conseguiu que boa parte das persoas das comunidades cambien de mentalidade e valoren os seus recursos como unha oportunidade". As experiencias de ambas as dúas poden seguirse no blog.