Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo |  
Illa de San Simón 2011-12-07

Teresa París avanza as claves da nova Presidencia no programa 'Voces con Fondo'

Logo Voces con Fondo

'Voces con Fondo' entrevista na súa última edición á nova presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Teresa París avalía as primeiras semanas de andaina á fronte da entidade e avanza as claves da súa xestión, nunha liña continuista e de aposta polo consenso e a eficacia.

O espazo que cada mes resume a actualidade da cooperación municipalista en Agareso Radio faise eco tamén do programa Vacacións con Traballo. A arquitecta María José Pérez e o técnico Joaquín Lede, empregada e empregado da Deputación de Pontevedra, falan da súa experiencia colaborando con senllas Cámaras Municipais en Cabo Verde.

'Voces con Fondo' recolle tamén as novas máis recentes da cooperación municipalista e as últimas citas na axenda das actividades de sensibilización. Escóllese asemade un título do VideoFondo, a película 'Auga', e outro do BiblioFondo, o libro 'O mundo pobre'. O programa emítese a través de internet na canle 24h da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, en www.agareso.org.

Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'