Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-09-25

Traballadoras dos Concellos de Ourense, Malpica e Soutomaior cooperan en Nicaragua e Cabo Verde

- As tres técnicas viaxan esta semana para colaborar un mes cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en países do Sur.

- O programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo está dirixido ao persoal das administracións locais e provinciais socias da entidade.

As técnicas municipais Lucía González, Cristina Santos, Cristina Vázquez e Rosa Teira.Técnicas municipais de Ourense, Malpica de Bergantiños e Soutomaior viaxan esta semana a Nicaragua e Cabo Verde para colaborar con parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Os tres municipios son socios da entidade e, polo tanto, os seus empregados e empregadas poden participar en Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional que promove o intercambio de experiencias e o coñecemento directo da realidade dos países do Sur.

A ourensá Lucía González, técnica da Concellería de Termalismo, apoiará a partir deste xoves 27 de setembro o proxecto de desenvolvemento turístico impulsado polo Instituto de Promoción Humana (Inprhu-Somoto). Traballando con esta ONG nicaraguana, integrarase en actividades coma a formación de guías, o ecoalbergue, as feiras artesanais ou as noites culturais. Terá ademais ocasión de supervisar os últimos proxectos de habitabilidade para a poboación indíxena cofinanciados polo Fondo Galego.

Cristina Vázquez, arquitecta municipal de Soutomaior, e mais Cristina Santos, traballadora da Concellería de Servizos Sociais de Malpica, desprazaranse o vindeiro sábado día 29 a Cabo Verde. A primeira colaborará coa Cámara de Ribeira Grande na elaboración dos plans de desenvolvemento urbano dos núcleos do concello. A segunda incorporarase ao gabinete de apoio á muller da Cámara Municipal de Paúl. Este gabinete encádrase no plan municipal para a igualdade e a equidade de xénero, instrumento elaborado co apoio do Fondo Galego de Cooperación. Cristina Santos participará en obradoiros coas mulleres e mesmo en programas de radio, e visitará tamén outras actuacións subvencionadas pola entidade.

Un total de 23 persoas enviaron este ano a súa candidatura para participar en Vacacións con Traballo, das que resultaron seleccionadas as tres técnicas mencionadas e mais arquitecta Rosa Teira, da Oficina Municipal de Rehabilitación de Monforte, que previsiblemente se desprazará á Santiago de Cuba para colaborar coa Oficina do Conservador. Durante o mes que pasan en terreo, as seleccionadas xestionan un blog que contribúe a sensibilizar sobre as desigualdades Norte-Sur e os valores solidarios, e á volta recollen as súas vivencias nunha publicación. O programa Vacacións con Traballo inclúese no Plan de Sensibilización do Fondo Galego para 2012, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia.