Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2015-03-23

Triplícanse as prazas para cooperar con países do Sur nas Vacacións con Traballo

O persoal das deputacións e concellos socios do Fondo Galego ten ata o 12 de maio para solicitar unha estadía de voluntariado en Cabo Verde, Nicaragua ou Honduras.

Vacacións con Traballo é un intercambio de experiencias.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de abrir o prazo de solicitudes de Vacacións con Traballo. O programa de voluntariado internacional chega ao seu décimo aniversario triplicando o número de prazas dispoñibles. Sete empregadas/os das administracións locais e provinciais socias da entidade cooperarán durante un mes en Cabo Verde, Nicaragua e Honduras cos parceiros no Sur.

Os perfís solicitados pola Cámara Municipal de Ribeira Grande son os de arquitecta/o e técnica/o en xestión financeira, mentres que a Cámara Municipal de Santa Cruz require os de técnica/o de medio ambiente e responsable de comunicación. A ONGD nicaraguana Instituto de Promoción Humana-Somoto oferta dúas vacantes de técnica/o de turismo. A praza do Golfo de Fonseca está xestionada por Enxeñería sen Fronteiras no marco do proxecto de cooperación para o desenvolvemento financiado polo Fondo Galego, de aí que se priorice a unha/un técnica/o especialista en auga e saneamento ou en calidade da auga.

Alén destes perfís prioritarios, hai outros de interese, polo que se recomenda inscribirse a calquera traballador/a en activo que queira participar. As candidaturas poderán presentarse ata o 12 de maio, enviando ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org o currículo e unha carta de motivación persoal, canda un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no concello ou deputación. Valorarase a vinculación co eido da cooperación, a participación na Rede Municipalista Solidaria e o coñecemento do país de destino.

As viaxes desenvolveranse no último cuadrimestre do ano e a organización cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención. Desde terreo, o voluntariado visibiliza a través dun blog a realidade do Sur e as súas propias vivencias, que á volta tamén se recollen nun caderno dixital. Amplifícase así a dimensión sensibilizadora da iniciativa, que fomenta o intercambio de coñecementos ao tempo que promove a solidariedade entre axentes locais. Na última década, trinta persoas participaron das Vacacións con Taballo.

Convocatoria VcT 2015
Vídeos VcT
Cadernos VcT
Blog VcT