Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo |  
Illa de San Simón 2011-12-01

Un equipo de Agareso prepara en Cabo Verde o documental sobre o Fondo Galego

Voluntariado profesional do colectivo de xornalistas elabora unha peza que visibilizará o labor da asociación municipalista

A xornalista Mónica González, visitando o proxecto de rehabilitación urbana en Eito.Un equipo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) áchase esta semana en Cabo Verde para recoller o material audiovisual que centrará o próximo documental sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A redactora Mónica González e o cámara Xacobe González están a realizar numerosas entrevistas e filmacións sobre os proxectos apoiados no arquipélago, onde se concentrou boa parte do traballo dos últimos anos.O cámara Xacobe González.

Este desprazamento a terreo encádrase na colaboración establecida entre ambas as dúas entidades para visibilizar o labor da asociación municipalista, principalmente a través dun documento audiovisual. A peza amosará non só os proxectos impulsados no Sur, senón tamén as actividades de sensibilización realizadas no Norte, ademais de explicar que é o Fondo Galego de Cooperación e cales son os seus obxectivos.

Diversos voluntarios e voluntarias profesionais de Agareso están a participar na preparación deste documental, entre eles os xornalistas Miguel Caruncho e Saraih Lago. Está previsto que se estree o próximo ano, coincidindo coa conmemoración do XV aniversario do Fondo Galego, cunha campaña de difusión que permita achegar á cidadanía os resultados da cooperación descentralizada promovida polas Deputacións e Concellos socios.