Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-07-05

Un técnico do Concello de Ourense e unha técnica do Concello de Ferrol participarán en Vacacións con Traballo 2013

A directora da casa de acollida de mulleres ferrolá, María Jesús Olivares, colaborará coa municipalidade de Porto Novo en Cabo Verde e un traballador do departamento de Turismo ourensán, Emilio Cuiñas, cooperará co Inprhu en Nicaragua.

O técnico de Turismo do Concello de Ourense Emilio Cuiñas e a directora da casa de acollida de mulleres do Concello de Ferrol, María Jesús Olivares, son as persoas elixidas para participar este ano en Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Cuiñas colaborará en Nicaragua co proxecto turístico liderado polo Instituto de Promoción Humana-Somoto, mentres que Olivares  cooperará en Cabo Verde coa Cámara Municipal do Porto Novo na promoción da igualdade de xénero.

A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade resolveu onte o proceso de selección, que contou con nove candidaturas doutros tantos municipios e no que resultaron suplentes Carmen Nieto, administrativa do Concello de Cambre, e Serezábel Rodríguez, empregada dos Servizos Sociais do Concello de Bergondo. No derradeiro trimestre do ano realizaranse os desprazamentos a terreo deste programa de sensibilización que permite o intercambio de coñecementos entre profesionais de Galicia e os parceiros do Fondo Galego nos países empobrecidos.

Resolución Vacacións con Traballo 2013