Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2015-04-20

Unha nova achega do Fondo Galego financiará a terapia psicolóxica de 33 nenas e nenos de Gaza

- A asociación de concellos e deputacións destina 10.000 euros ao programa psicosocial da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina.
- Respóndese así ao chamamento de emerxencia da UNRWA para paliar os graves traumas provocados pola xa esquecida ofensiva israelí do verán pasado.

As actividades lúdico-terapéuticas son clave para superar os traumas. Foto: UNRWA.Aínda que pouco se escoita falar xa de Gaza, a poboación da franxa segue a padecer as graves consecuencias da ofensiva israelí do pasado verán, polo que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de achegar 10.000 euros á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA-España) para o seu programa de atención psicosocial, como xa fixera en 2014. Estímase que esta doazón podería financiar o tratamento psicolóxico de 33 nenas e nenos durante un ano, alén de apoiar terapias grupais e outro tipo de actividades sobre saúde mental comunitaria.

Hiperactividade, déficit de atención, impulsividade e condutas antisociais son algúns dos problemas máis comúns detectados entre a poboación infantil que durante 50 días sufriu ataques continuados, mesmo ás escolas da ONU, sen que a comunidade internacional reaccionara. A perda de familiares e a destrución dos seus fogares, engadidas ao xa habitual contexto de violencia, xerou nas nenas e nenos comportamentos coma un incremento da agresividade, pesadelos, problemas de alimentación e aprendizaxe, sensación de inseguridade, desconfianza, non xogar ou obsesionarse con xogos de guerra, illarse das persoas adultas ou aferrarse a elas. Uns traumas que resulta fundamental tratar a través de xogos terapéuticos, terapias de relaxación, meditación, expresión artística ou contacontos.

Residentes de Yarmouk agardando a distribución de alimentos en 2014. Foto: UNRWAA exposición aos bombardeos, sumada ao desemprego, a pobreza, e as restricións impostas polo bloqueo de Israel, predispoñen á poboación de Gaza á ansiedade, a depresión e as desordes no comportamento. O chamamento de emerxencia que vén de realizar a UNRWA atende tamén outras necesidades básicas en materia de saúde, educación ou alimentación nos oito campamentos da franxa. A axencia atende asemade outros 50 campos con poboación palestina, ata sumar máis de cinco millóns de persoas refuxiadas. Entre eles o de Yarmouk, en Siria, que xa viña padecendo desde hai dous anos o asedio das tropas gobernamentais pero que se acha nunha situación crítica tras ser invadido a comezos de abril polo Estado Islámico, deixando atrapadas unhas 18.000 persoas e impedindo o acceso de axuda humanitaria.

Só uns poucos centos de familias conseguiron fuxir de Yarmouk, a zonas adxacentes nas que a UNRWA está ampliando as súas operacións. Detectouse unha absoluta carencia de comida, auga e vivenda, pero tamén de artigos de hixiene, de abrigo e de medicinas. A axencia reclama a apertura dun corredor humanitario e nos vindeiros días realizará un chamamento extraordinario para responder ás necesidades da poboación civil na zona.

Informes de situación semanais (UNRWA)
Necesidades humanitarias en Palestina 2015 (OCHA)