Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo |  
Illa de San Simón 2012-01-24

Unha ONG de Nicaragua difunde en Galicia os proxectos do Fondo Galego de Cooperación

- Representantes do Instituto de Promoción Humana (INPRHU) irán esta semana aos Concellos de Vigo, Gondomar, Tomiño, Oleiros, Ferrol, A Coruña, Monforte, Sarria e á Deputación de Lugo

- A Visita ao Norte permite sensibilizar á cidadanía e visibilizar as iniciativas cofinanciadas no Sur para construír vivendas ou mellorar a salubridade

Construción de adobes.Unha delegación da ONGD nicaraguana INPRHU-Somoto percorrerá Galicia esta semana para dar a coñecer  os proxectos realizados co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Os Concellos de Vigo, Gondomar, Tomiño, Oleiros, Ferrol, A Coruña, Monforte, Sarria e a Deputación de Lugo, todas elas Administracións socias do Fondo Galego, recibirán a partir de mañá mércores a representantes do Instituto de Promoción Humana.

Trátase dunha das Visitas ao Norte que se organizan para visibilizar as iniciativas cofinanciadas no Sur, pero tamén para sensibilizar á cidadanía sobre os desequilibrios da sociedade internacional. Os parceiros que se achegan a Galicia imparten charlas en centros educativos, reúnense con asociacións dos municipios e  informan ás e aos representantes políticos, nun exercicio de transparencia e intercambio.

Nesta ocasión, visítanos o enxeñeiro agrónomo Armando Rodríguez Portillo, director do Centro de novas tecnoloxías aplicadas ao trópico seco do INPRHU-Somoto, e coordinador do seu Programa de desenvolvemento rural. Canda el vén a traballadora social Marta Beatriz Álvarez Cáceres, coordinadora do Centro de Educación Alternativa Rural Telpochcalli. Ambos os dous visitarán diversos Concellos e Deputacións entre o 25 e o 27 de xaneiro, para pechar a axenda o sábado 28 cunha intervención nos ‘Encontros: Institucións Locais e Solidariedade’ que se celebran co PSdeG no Parlamento de Galicia.

23 intervencións no país
Na actualidade, o Fondo Galego apoia en Nicaragua a construción de vivendas para familias indíxenas, que leva aparellada a mellora da salubridade e a capacitación en agroecoloxía e autoconstrución. Con este son xa once proxectos de cooperación directa co INPRHU-Somoto, promovendo o círculo de desenvolvemento sostible no departamento de Madriz, aos que se suman outros 12 subvencionados a ONGD galegas que traballan no país centroamericano.

Dossier da visita