|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
- Victòria Planas explicará os avances nos Concellos de Cambre, Allariz, Oímbra, Redondela e Vigo, doadores da conta de emerxencia aberta polo Fondo Galego
- A actuación impulsada canda o Fons Catalá contempla a implantación de sistemas de control de riscos e a formación en construción antisísmica
A técnica que vén de supervisar en Haití o proxecto impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e o Fons Català percorrerá Galicia esta semana para explicar os avances verificados en terreo. Entre o 14 e o 16 de decembro, Victòria Planas visitará os Concellos de Cambre, Allariz, Oímbra, Redondela e Vigo, todos eles membros do Fondo Galego e doadores da conta de emerxencia aberta pola entidade tras o terremoto de xaneiro de 2010.
As achegas de diversas Administracións socias e dalgúns cidadáns a título individual ascenderon a 171.192 euros, que se investiron nun proxecto a prol do desenvolvemento local co Centro para Cultura e o Desenvolvemento de Carice (SKDK) como parceiro. A actuación que se está a executar nos municipios de Carice, Vallières e Monbin Crochu, promove a formación en agroecoloxía, socioeconomía e construción antisísmica. Como práctica, o alumnado ergueu un centro polivalente resistente a terremotos e furacáns con materiais tradicionais, que servirá como modelo para futuras vivendas. Tamén se reconstruíu a sede da radio comunitaria, incendiada nos incidentes derivados do descontento dalgúns sectores cos últimos resultados electorais.
O proxecto contempla asemade a concertación dun programa intermunicipal de políticas públicas arredor de cuestións como a ordenación do territorio ou a prevención de riscos. Co fin de minguar a vulnerabilidade da poboación, estase a crear ademais un sistema de información intercomunal sobre control de desastres. Doutra banda, trabállase cun grupo de mulleres nun obradoiro de arxila para elaborar filtros potabilizadores que reduzan a incidencia de enfermidades coma o cólera.
A responsable de proxectos de Centroamérica, México e Caribe no Fons Català, Victòria Planas, dará conta en Galicia da marcha do proxecto, contribuíndo así a garantir a transparencia dos investimentos. Ao tempo, ofrecerá un testemuño de primeira man sobre a situación na que se achan na actualidade as haitianas e haitianos.