Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-10-07

'Voces con Fondo' analiza a crise humanitaria no Corno de África en Agareso Radio

Voces con Fondo - Radio Agareso

A situación no Corno de África centra unha nova entrega de 'Voces con Fondo', o programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Agareso Radio. Coa participación das ONGD Farmamundi Galicia e Implicadas no Desenvolvemento, analízanse as causas da grave crise humanitaria e as posibles vías de solución, ademais de informar sobre os proxectos que ambas as dúas organización impulsan na zona.
 

As últimas novas sobre a cooperación municipalista e a axenda de actividades solidarias nas Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego teñen tamén o seu oco neste espazo que se pode escoitar a través da emisora online da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, no web www.agareso.org. Non faltan tampouco as recomendacións tiradas do VideoFondo e o BiblioFondo, que nesta ocasión son a película 'Mona Lisa smile' e o ensaio 'Economía para el desarrollo, lecturas desde una perspectiva crítica'.

Preme aquí para acceder ao último podcast de 'Voces con Fondo'.