Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-12-26

'Voces con Fondo' pecha o ano cun especial do 15º aniversario

'Voces con Fondo' conclúe 2012 cunha edición especial para conmemorar o 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O espazo resume o evento central celebrado o 30 de novembro en Santiago de Compostela, que incluíu a presentación dun audiovisual realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios.

O programa que se emite en Agareso Radio recolle o son dos relatorios das VII Xornadas de Cooperación, dos vídeos protagonizados polo voluntariado de Vacacións con Traballo e dos contos da Tropa de Trapo.

O acto conducido pola actriz Mariana Carballal, e ao que asistiron diversas persoeiras e persoeiros, serviu para reafirmar que os Dereitos Humanos non son unha idea lixo.

Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'

'Voces con Fondo' pecha o ano cun especial do 15º aniversario