Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-07-04

'Voces con Fondo' profunda nas 'Charlas contra a indiferenza'

O espazo que se emite en Agareso Radio recolle as opinións de diversas ONGD galegas tras o Consello Municipalista da Cooperación.


A nova entrega de 'Voces con Fondo' resume o que deu de si a xuntanza do CMC, na que se debateron as bases da convocatoria de proxectos dirixida aos axentes de cooperación.

O programa entrevista ademais a Roberto Mansilla, analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), que inaugurou o ciclo de 'Charlas contra a indiferenza' cunha conferencia sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e os Dereitos Humanos.

Non faltan o boletín de noticias, a axenda de actividades para as semanas vindeiras e mais as suxerencias literarias e cinematográficas. O libro escollido desta volta é 'Blanco bueno busca negro pobre' e a película leva por título 'Tres agullas'.

Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'

'Voces con Fondo' profunda nas 'Charlas contra a indiferenza'