Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo |  
Illa de San Simón 2012-01-11

'Voces con Fondo' repasa o proxecto en Haití e as experiencias de Vacacións con Traballo


Escoita Voces con FondoO programa 'Voces con Fondo' comeza o ano repasando unha das últimas actividades organizadas en 2011: a visita da técnica do Fons Catalá, Victòria Planas, para difundir en Galicia os avances no proxecto conxunto que se executa en Haití.

No espazo de Agareso Radio que informa sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade falan tamén Cristina Moreiras e Diego Sánchez, participantes do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo. A empregada de Medio Ambiente do Concello de Ourense cooperou en Cabo Verde e o técnico de Turismo de Castrelo de Miño fíxoo en Nicaragua.

As últimas novas da cooperación municipalista e mais os lugares polos que pasarán este mes as exposicións do Fondo Galego son outros dos contidos de 'Voces con Fondo'. A sección de peche protagonízana a película 'Voces Inocentes' e o informe 'Palabras e mundos', dúas recomendacións tiradas do arquivo do Fondo Galego de Cooperación. O programa pode escoitarse na emisora online da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, no web www.agareso.org.

Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'