Aviso:

[Pechar}


Baiona 2010-09-16

Xa está activo o blog das Vacacións con Traballo no Perú

Carolina Iglesias, psicóloga do Centro de Información á Muller no Concello de Nigrán e participante da edición 2010 de Vacacións con Traballo; aterrou en Lima o 9 de setembro, sendo recibida por Rosario Huamán Castillo, Alcaldesa de Atavillos Alto.

Carolina, que conta cunha axenda de traballo intensa coa participación en diferentes obradoiros formativos; tanto en escolas como con asociacións de mulleres, activou xa o blog onde dará conta, na medida das posibilidades de conexión a internet, da súa vida e traballo no Perú.

Poden seguila no enderezo: http://atavillosalto.wordpress.com

Xa está activo o blog das Vacacións con Traballo no Perú