Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-08-12

Xa está o IAF 131 número 0 da época dixital

O boletín de información do Fondo Galego (Infórmate a Fondo, IAF) que se edita desde o 15 de xaneiro de 1999, vive neste número un cambio de época, deixando atrás o papel para enfocarse nunha nova versión dixital máis atractiva e con novos contidos.

O IAF dixital nace froito do Plan de comunicación ONLINE da entidade que se presentará durante o mes de outubro, pretendendo maximizar as posibilidades de comunicación do Fondo; aproveitando as ferramentas e o contexto dos tempos presentes.

Destacan neste número 0 as seccións –Fondo de Armario e a -Ollada externa, que neste número entrevista a Verónica Boquete, mellor xogadora de fútbol galego da historia e recentemente nomeada entre as 5 mellores xogadoras de Europa. A súa vez o novo IAF (que agora será trimestral) adica un especial interese en visibilizar os proxectos que o Fondo Galego financia.

O Infórmate a Fondo editábase xa de maneira electrónica por medio da páxina web do Igadi (www.igadi.org) entre 1999 e 2003, ano no que comezou a imprimirse no seu formato máis clásico. Agora no 2013 damos un novo paso na historia da revista decana do municipalismo galego, animando ás entidades socias, ONGD´s e amigos do Fondo Galego a compartir os seus contidos nas webs, blogs e redes sociais.

O IAF nº131 é o nº0 da era dixital, polo que animamos a que nos transmitades as vosas opinións, ideas e suxerencias, para consolidar pouco a pouco esta nova ferramenta de comunicación para a cooperación galega, #IAFdixital.

Podes descarregar o IAF na seguinte ligazóns / plataformas dixitais:

 

http://www.fondogalego.org/web/sites/default/files/iaf131no0dixital.pdf
http://www.issuu.com/igadi/docs/iaf131n__0dixital_0bd6eb87d747dd
http://www.slideshare.net/IGADI/iaf131n0dixital
http://es.scribd.com/doc/159763887/iaf131n%C2%BA0dixital

 

Xa está o IAF 131 número 0 da época dixital