Aviso:

[Pechar}


Baiona 2011-01-03

A Confederación de Fondos de Cooperación aproba o plan de traballo para 2011

 

- Representantes do Fondo Galego participaron na Asemblea celebrada en Las Palmas canda axencias municipalistas doutras seis Comunidades Autónomas

- Os asistentes ratificaron a entrada na entidade estatal do Fondo Canario de Solidaridad Internacional e mais as baixas das tres asociacións baleares

 

 A Asemblea da Confederación de Fondos celebrouse o 17 de decembro en Gran Canaria.A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade pon en marcha o Plan de Acción 2010-2011. O documento que amplía as liñas de traballo da entidade estatal para o novo ano aprobouse na Asemblea celebrada o 17 de decembro en Las Palmas. Ao acto asistiron o presidente do Fondo Galego de Cooperación, Alfredo Novoa, e mais o responsable da Secretaría Técnica, Ánxelo González Vicente. Tamén estiveron presentes os representantes dos Fondos de Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana, Euskadi, Extremadura e Canarias.

O Plan de Acción 2010-2011 estrutúrase en catro apartados: proxección exterior e experiencias trasladables en proxectos, implicación e dinamización de actores, comunicación e sensibilización, e mais finanzas, recursos humanos e administración. Nalgunhas das actuacións xa se ten avanzado ao longo do ano que vén de rematar e en febreiro celebrarase una reunión técnica para perfilar as accións futuras. Levarase a cabo un plan de formación, realizarase un novo encontro anual, habilitarase un instrumento online de sistematización da información e estudaranse vías para a captación de recursos.

Proponse asemade a execución de visitas político-técnicas a proxectos en terreo e a celebración dun seminario Norte-Sur-Sur, que tamén se empregaría para captar socios e fidelizar aos xa existentes. Vaise dotar asemade á Confederación dun Plan de Comunicación propio e consolidarase o grupo de traballo permanente sobre finanzas e administración, que xa se veu reunindo nos últimos meses.

Doutra banda, a Asemblea ratificou a entrada na Confederación do Fondo Canario de Solidaridad Internacional y Cooperación al Desarrollo e a baixa dos Fondos Mallorquí, Pitius e Menorquí, os tres das illas Baleares. Aceptouse asemade a participación como entidades colaboradoras dos Fondos de Cantabria e Castilla-La Mancha.