Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Ourense 2010-10-15

Dous empregados do Concello de Ourense pasarán unhas ‘Vacacións con Traballo’ en Cabo Verde

Cristina Moreiras e Gonzalo Alonso, participantes ourensáns de Vacacións con Traballo.Dous empregados do Concello de Ourense pasaran un mes colaborando coa Câmara Municipal de São Filipe, en Cabo Verde, a través da iniciativa ‘Vacacións con Traballo’ que promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que a Cidade das Burgas forma parte. Este programa de voluntariado en países do Sur dálle ao persoal das administracións socias a posibilidade de compartir os seus coñecementos teóricos e prácticos coas entidades de acollida, contribuíndo a fortalecer as capacidades locais en zonas desfavorecidas.

Gonzalo Alonso, interventor do Concello de Ourense, e Cristina Moreiras, técnica do departamento de Medio Ambiente, viaxan o vindeiro domingo 17 de outubro ao arquipélago africano. En São Filipe botarán unha man coas tarefas administrativas da Câmara. Alonso traballará co secretario municipal na Área de Finanzas, mentres que Moreiras integrarase no Servizo de Máquinas e Saneamento. Ambos os dous agardan achegar a súa experiencia na xestión diaria a un novo contexto, á vez que aprender dos métodos de traballo dun país diferente e enchouparse tamén da súa cultura. Non é o seu primeiro contacto coa cooperación ao desenvolvemento, xa que Gonzalo Alonso forma parte da rede de Municipalistas pola Solidariedade e o Fortalecemento Institucional (Musol), mentres que Cristina Moreiras ten cooperado cunha ONG no Perú.

O Fondo Galego de Cooperación leva máis dunha década colaborando coa Associação Nacional de Municípios Cabo-Verdianos. Con esta entidade executáronse preto de 40 proxectos que van dende o abastecemento de auga ata a construción de colexios. Achegarse de primeira man aos parceiros e aos proxectos de cooperación internacional apoiados pola asociación de Concellos e Deputacións é unha das finalidades do programa ‘Vacacións con Traballo’. Garántese así a visibilidade das iniciativas financiadas dende as administracións locais e provinciais de Galicia e contribúese a acadar unha meirande implicación dos organismos públicos.

Canda os dous ourensáns, outros tres membros do funcionariado local galego participan nesta quinta convocatoria de ‘Vacacións con Traballo’. A psicóloga do CIM de Nigrán, Carolina Iglesias, acaba de chegar da súa estadía no Perú. En novembro marchará para Nicaragua Brais García, técnico da Deputación de Lugo, e Patricia Varela, arquitecta do Concello de Verín, viaxará a Cuba. Todos eles irán relatando as súas vivencias nun blog que estará dispoñible a través do web www.fondogalego.org. Ademais, as cinco experiencias recolleranse logo nunha publicación. Á volta, as voluntarias e voluntarios tamén imparten charlas para dar a coñecer as desigualdades que se producen no Sur e a utilidade da cooperación para superalas.