|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Reunidos en Santiago de Compostela, a día 4 de novembro do 2005.
Dunha banda Alfredo Novoa Gil, presidente do Fondo Galego, e doutra Xoán Hermida, director da ONGD Amarante,
MANIFESTAN
Primeiro. Que ambas partes comparten a convicción de que as relacións comerciais teñen un peso importante no desenvolvemento das sociedades e, en consecuencia, os desequilibrios que marcan as dinámicas actuais do comercio internacional teñen unha repercusión negativa na vida dunha alta porcentaxe de labregas e labregos dos países do sur.
Segundo. Que o Comercio Xusto é unha forma de denunciar as prácticas inxustas que condicionan o comercio internacional, especialmente o de produtos agrícolas como o café; e tamén de sensibilizar á cidadanía da súa responsabilidade como consumidora.
Terceiro. Que dende o ámbito municipal pódense artellar compromisos para fomentar unha conciencia máis solidaria na dimensión do consumo e para alentar reivindicacións cívicas dun cambio nas regras que perpetúan a inxustiza e as desigualdades.
Cuarto. Que o Programa do Bo Café elaborado pola ONG Amarante contribúe á sensibilización da sociedade galega nesta problemática e recaba o concurso das administracións públicas para que se impliquen co Comercio Xusto introducindo os seus produtos nos seus espazos de consumo, a fin de servir de referente á cidadanía.
En consecuencia, ACORDAN:
En proba de conformidade no lugar e data arriba indicados, asinan a presente,
Alfredo Novoa Gil, presidente do Fondo Galego.
Xoán Hermida, director de Amarante.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| convenio_de_colaboracion_fondogalego_amarantesetem.pdf | 8.51 KB |