Aviso:

[Pechar}



Cooperación Indirecta

A cooperación indirecta consiste en financiar proxectos presentados polas ONGD á convocatoria aberta anualmente (a excepción dalgúns anos nos que non chegou a realizarse por insuficiencias orzamentarias para esta finalidade) polo Fondo Galego. A cooperación indirecta é importante dentro da cooperación galega porque axuda a reforzar ás ONGD, galegas ou con delegación en Galicia, e a continuar co seu traballo no sur. O Fondo Galego leva financiando proxectos de cooperación indirecta dende o ano 1998. En total, nestes 15 anos, 63 proxectos presentados por ONGD galegas ou con delegación en Galicia foron financiados polo Fondo.

Esta liña é básica na actuación do Fondo Galego, fortalecer ao tecido solidario galego, á cidadanía organizada na implicación contra a pobreza, apoiando aos diferentes axentes de cooperación galegos.

PROXECTOS COOPERACIÓN INDIRECTA FONDO GALEGO
ANO TÍTULO PARCEIRO PAÍS ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
60 2010 Desenvolvemento de capacidades locais con equidade de xénero e mellora das condicións de vida en 9 comunidades rurais da provincia fronteiriza de Ayabaca, Piura. Perú Amigos ESCAES-Perú Perú 53.458,00 € 35.000,00 €
59 2010 Latrinas para Tepalón Axunica Nicaragua 8.439,60 € 6.751,62 €
58 2009 Mellora das condicións sanitarias na provincia Inhambane Arquitectos sen Fronteiras Mozambique 175.712,91 € 49.954,87 €
57 2009 Desenvolvemento Urbano Comunitario en Addis Abeba Implicadas no Desenvolvemento Etiopía 45.372,00 € 26.372,00 €
56 2009 Fomento da participación no marco dos gabinetes do poder cidadán no municipio de Totogalpa, Madriz, Nicaragua Paz e Solidariedade Nicaragua 87.693,45 € 50.000,00 €
55 2009 A Formación Sanitaria como vía de desenvolvemento Solidariedade Galega Nicaragua 30.000,00 € 24.000,00 €
54 2007 Incorporación ao mercado laboral e empoderamento de mulleres palestinas do triángulo norte-israelí. Confederación Intersindical Galega (CIG) Territorios palestinos 73.531,00 € 17.000,00 €
53 2007 Erradicación do infanticidio en Salem. Implicadas no Desenvolvemento India 11.144,80 € 10.044,80 €
52 2007 Cría de animais menores. Fogar de Santa María de Huancarama. INTI Perú 3.092,73 € 3.000,00 €
51 2007 Bicicletas para fortalecer o desenvolvemento rural das provincias de San Marcos e Cajabampa. Asociación para el Desarrollo Integral (ADIAR) Perú 4.750,00 € 2.300,00 €
50 2006 Construción de servizos hixiénicos para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. INTI Perú 3.000,00 € 2.380€ (1.190€ achega do  Concello de Gondomar)
49 2006 Proxecto de Saúde Comunitaria. Construción e equipamento dun posto de saúde. Posta en marcha dunha mutua de saúde. Posta en marcha dunha farmacia comunitaria. Equus Zebra Senegal 77.981,00 € 20.000,00 €
48 2006 Fortalecemento da Soberanía Alimentaria na Conca do Río Polochic. 2º ano. Veterinarios sen Fronteiras Guatemala 17.754,00 € 17.754,00 €
47 2006 Fortalecemento da participación de mulleres e xoves na organización comunitaria e municipal. Intered Guatemala 39.748,71 € 30.935,00 €
46 2006 Escola de Auxiliares de Enfermería de Sucre (Isfocata, Instituto Superior de Formación e Capacitación Hernández Vera). Seminario Galego de Educación pola Paz Bolivia 164.770,67 € 19.050,00 €
45 2005 Cooperativa gráfica en Santo Antão. Cara novos espazos de Inserción socio-laboral. Asociación sociocultural Atamán Cabo Verde 51.600,00 € 30.000,00 €
44 2005 Mellora do nivel de vida e formación dos mariñeiros artesanais de Nouadhibou. Asociación Natura Hispánica Mauritania 37.535,00 € 19.635,00 €
43 2005 Creación da Unidade Clínico Docente en Ciudad Sandino. Fundación SEMG-Solidaria Nicaragua 446.260,49 € 30.000€ (O Concello de Allariz achegou 12.000€)
42 2005 Mellora integral das condicións de vida das comunidades da liña costeira oriental do Municipio de Balfate Solidariedade Internacional Honduras 22.000,00 € 22.000,00 €
41 2004 Mellora das condicións de vida dos habitantes das campamentos de Oughlan, Tasseft, Tizgnane, Quedan e El Koub ADEMEN Marrocos 31.003,10 € 24.000,00 €
40 2004 Bicicletas para promotores comunitarios do departamento de Cochabamba Bicis pola Paz Bolivia 5.000,00 € 1.800,00 €
39 2004 Proxecto de alfabetización, formación, promoción e elevación da poboación feminina rural na comunidade de Yamparáez (Bolivia) a través da ampliación da residencia educativa Seminario Galego de Educación pola Paz Bolivia 44.230,00 € 33.030,00 €
38 2004 Axuda á formación laboral e educación medioambiental en Cabo Verde Asociación sociocultural Atamán Cabo Verde 39.964,00 € 36.964,00 €
37 2004 Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do MST de Piauí Amarante Brasil 6.758,00 € 5.025,00 €
36 2004 Cooperativa rural de depósito e distribución de alimentos e outros artigos de uso habitual. Asociación para la Solidaridad Costa de Marfil 14.516,10 € 14.516,10 €
35 2004 Instalación de latrinas na comunidade campesiña de José Olaya INTI Perú 4.574,70 € 3.574,70 €
34 2004 Empoderamento de mulleres cabeza de familia Implicadas no Desenvolvemento Etiopía 4.155,00 € 3.295,00 €
33 2004 Proxecto produtivo de pesca artesanal para a desmobilización dos cortadores de Mangle no Estero Real e Golfo Fonseca Amigos da Terra Nicaragua 54.004,32 € 24.444,21 €
32 2003 Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais Manos Unidas Nicaragua 368.689,95 € 18.555,64 €
31 2003 Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba Asociación Labañou Solidaria Perú 18.960,00 € 6.000,00 €
30 2003 Construción dunha unidade clínico-docente SEMG-Solidaria Nicaragua 360.607,26 € 30.000,00 €
29 2003 Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC "Victoria de Girón". 2ª fase. Veterinarios sen Fronteiras Cuba 211.629,87 € 28.465,36 €
28 2003 Apoio produtivo á muller rural e ao desenvolvemento local no distrito de Junín Asociación Entrepobos Perú 102.209,02 € 24.071,74 €
27 2003 Promoción da saúde do pobo saharauí FUNDEN R.A. Saharaui Democrática 60.224,25 € 7.234,16 €
26 2002 Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC "Victoria de Girón" Veterinarios sen Fronteiras Cuba 276.748,61 € 29.384,44 €
25 2002 Adquisición de bicicletas para mestres populares e promotores de organización Bicis pola Paz O Salvador 3.621,00 € 2.000,00 €
24 2002 Banco de materiais para melloras nas vivendas de El Viejo Arquitectos sen Fronteiras Nicaragua 117.493,34 € 35.979,92 €
23 2002 Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas andinas de Chuma Intermón Bolivia 274.697,52 € 30.325,00 €
22 2002 Identificación e solución da situación social e legal dos nenos, nenas e adolescentes institucionalizados Meniños Ecuador 164.758,00 € 30.325,00 €
21 2002 Accesibilidade a auga potable para os habitantes da zona noroeste do distrito de Turkana Fundación Pro-Mundo Quénia 25.736.16€ 23.162,55 €
20 2002 Asistencia médica e ciruxía gratuita Solidariedade Galega Perú 38.128,21 € 6.010,12 €
19 2002 Construción de sumidoiros na aldea de San Juan de Dios INCIDE Guatemala 82.373,21 €. 20.593,30 €
18 2001 Construción e equipamento dun centro de atención infantil Ecos do Sur Mozambique 89.526,76 € 30.050,61 €
17 2001 Adquisición de bicicletas para promotoras da saúde Bicis pola Paz Mozambique 2.935,34 € 2.404,05 €
16 2001 Introdución de enerxía eléctrica e alumeado público COSAL O Salvador 62.489,40 € 45.228,04 €
15 2001 Abastecemento de auga potable no "Caserío La Loma" Solidariedade Internacional O Salvador 146.019,73 € 18.030,36 €
14 2001 Instalación dun módulo ovino da raza Corriedale Amigos ESCAES-Perú Perú 39.695,87 € 28.567,83 €
13 2000 Condución de auga potable para o casería "La Coyotera" COSAL O Salvador 57.716,05 € 18.867,01 €
12 2000 Instalación dun módulo de ovinos de raza corriedale en Ambulco Grande Amigos ESCAES-Perú Perú 10.637,64 € 10.637,64 €
11 2000 Promoción económica dos produtores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes Intermón Haití 95.513,73 € 9.015,18 €
10 2000 Manexo sustentable do bosque húmido tropical, apoio á produción agropecuaria e fortalecemento organizativo de comunidade do norte de Esmeraldas Entrepobos Ecuador 108.660,66 € 12.621,25 €
9 2000 Construción dunha ponte INCIDE Guatemala 30.050,61 € 15.025,30 €
8 2000 Reconstrución de vivendas e cociñas no departamento de Estelí Fundación Augusto César Sandino Nicaragua 360.573,61 € 10.512,64 €
7 1999 Trillo e panadería AXUNICA Nicaragua 13.731,32 € 13.731,32 €
6 1999 Accións para o desenvolvemento sostible no Beni (Bolivia) Asociación Natura Hispánica Bolivia 39.065,79 € 6.010,12 €
5 1999 Ampliación dunha escola e construción de latrinas para 400 escolares Intermón Angola 40.579,36 € 12.019,95 €
4 1999 Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas Paz e Solidariedade Perú 8.835,94 € 8.835,94 €
3 1998 Casa de acollida para menores con risco social Arquitectos sen Fronteiras Guatemala 58.907,09 € 14.043,04 €
2 1998 Instalación de auga potable Amigos ESCAES-Perú Perú 7.392,45 € 4.507,59 €
1 1998 Módulos básicos para servizos hixiénicos e lavandería INTI Perú 6.394,77 € 5.024,46 €
 
Cooperación Indirecta