Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Cangas | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra

Sensibilización: Exposicións itinerantes do Fondo Galego

  • Trátase de 12 paneis despregables de lona a toda cor, de 1,20 m de ancho por 2,10 m de alto. A montaxe é moi simple e non precisa de ningún elemento alleo aos xa incluídos cos paneis. Foi deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro e vai acompañada de unidade didáctica e trípticos.

  • Exposición fotográfica do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONGD Solidariedade Galega: A Formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento, en Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas, Nicaragua, co-financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que reflexa, tanto o esforozo realizado por medio do proxecto, como a cultura e a sociedade do pobo nicaraguense.

  • Exposición con plafóns fotográficos, con textos explicativos, sobre o obxectivo da loita contra a pobreza cara o ano 2015: erradicar a pobreza extrema e a fame, acadar a educación primaria universal, promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a SIDA e outras enfermidades, garantir a sostibilidade do medio ambiente, e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

    Láminas: 9 Altura: 180 cm. Anchura: 80 cm. Grosor: 3 mm.
    Sistema de exhibición: As láminas desenrólanse e pendúranse da parede
    Materiais complementarios: Folletos informativos.
     

    Somos a primeira xeración que pode erradicar a pobreza do mundo. Non debemos perder esta oportunidade
    (Eveline Herfkens)

  • Exposición con viñetas nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia.

    Exposición con imaxes do traballo realizado polo Fondo Galego, en diferentes eidos, dende o ano 1997. A exposición dá conta das diferentes áreas de traballo nas que o Fondo Galego está involucrado, e inclúe exemplos de proxectos de cooperación ao desenvolvemento aos que se destinaron tanto esforzos humanos como económicos. Proxectos ligados a sectores como: auga e saneamento, infraestruturas, saúde, equidade de xénero, empoderamento e fortalecemento institucional, medio ambiente.

    Láminas: 13 (124 cm x 210 cm.) a toda cor e en lona de 3 mm.
    Sistema de exhibición: As láminas desenrólanse e pendúranse de calquera parede por medio de barras móbiles.
    Materiais complementarios: Folletos informativos.