Aviso:

[Pechar}



África: soños e mentiras

Gabriel Tizón é un fotógrafo ferrolán con amplo percorrido internacional. Obtivo premios nacionais e internacionais de fotografía e adquisición de obra por parte de coleccións públicas e privadas, tanto españolas como estranxeiras. Na actualidade traballa para o xornal El País e para axencias nacionais e internacionais.

1. Contido

A exposición fotográfica 'África, soños e mentiras' presenta a mirada e o contacto de Gabriel Tizón con África, tras máis dunha década de viaxes por diferentes países do continente e, especificamente, con Guinea Bissau.

A mostra forma parte do proxecto Causas Comúns, que nace como ferramenta de información e sensibilización, a través da fotografía como idioma común, tanto de cara ao pobo galego como ao de Guinea Bissau, sobre o evidente incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa, en particular en aspectos como a vivenda, o traballo, a alimentación ou a xustiza, entre outros.

Porén, Causas Comúns é unha ponte entre Bissau e Galicia, un diálogo sincero e horizontal, sen disfraces, que denuncia os graves abusos de Dereitos Humanos no contexto europeo e africano. Fala tamén da interdependencia entre as distintas zonas do planeta, da débeda externa ao cambio climático, da pobreza enerxética á desnutrición infantil ou aos efectos das patentes farmacéuticas.

Este proxecto foi financiado en 2015 polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o Concello de Pontevedra.

As fotografías amosan as historias dos soños e as mentiras sobre un continente, África, onde o 40% da súa poboación é menor de idade. Esta exposición narra, por tanto, o encontro coas persoas, cos líderes e lideresas comunitarias e coas heroínas e heroes anónimos.

2. Ficha Técnica

A exposición consta de 32 fotografías de 30 x 45 cm a toda cor, enmarcadas en soporte ríxido. A montaxe non reviste maior dificultade, xa que só se precisa dalgún elemento para pendurar os paneis. O peso aproximado é de 60 quilos (dúas caixas).

3. Suxestións de actividades complementarias

Coa finalidade de aproveitar o potencial sensibilizador, a exposición pode complementarse con distintas actividades de dinamización, como charlas, conferencias, obradoiros, etc. relativas á realidade e as esperanzas do continente africano. Velaquí algunhas propostas:

Acto inaugural

Como ferramenta de carácter institucional, proponse a realización dun acto de inauguración no que participe a organización política e técnica do respectivo concello ou deputación. Trataríase de facer un acto público de presentación ante a cidadanía e os colectivos sociais, e en particular, aos medios, difundindo ademais unha nota de prensa e fotografías. Neste senso, o servizo de Comunicación do Fondo Galego facilitará o asesoramento necesario.

Documentais e obradoiros

O arquivo audiovisual en mans do Fondo Galego de Cooperación permite ilustrar unha diversidade de expresións sobre África e as súas realidades, contidos en diversos ciclos de cine. O Fondo Galego non se responsabiliza das xestións e pagos á SGAE e á empresa distribuidora para a emisión de ditos  materiais.

14 Kilómetros (Gerardo Olivares, 2007. 94 minutos): 14 quilómetros é a distancia que separa África de Europa, a barreira que separa os soños de millóns de persoas que ven en Occidente a súa única saída para escapar da miseria.

Wandiyà (Germán Reyes, 2006. 50 minutos): Documental rodado en Senegal e Cataluña no marco do proxecto Migracións e Desenvolvemento Local (MIDEL), ofrece unha mirada orixinal sobre a realidade da inmigración e dos dilemas e contradicións das sociedades africanas.

Moolaadé (Ousmane Sembene, 2004. 117 minutos): Aborda o tema da ablación e as reaccións fronte a esta práctica contra as nenas, aínda recorrente nas sociedades africanas.

Binta e a grande idea (Javier Fesser, 2004. 29 minutos): Ambientada nunha aldea xunto ao río Casamance no sur do Senegal, presenta os problemas da diferenciación sexual na escolaridade.

Kindlimuka (Espertar) (Axuda en Acción. 28 minutos): Este material, dobrado ao galego e cunha unidade didáctica, foi conducido polo actor Marc Cartes e preséntanos a situación de pobreza e a incidencia da SIDA en Mozambique, e como esta problemática afecta de maneira especial ás mulleres.

Tsotsi (Gavin Hood. 94 minutos): Aborda a realidade dos barrios marxinais de Iohanesburgo (África do Sur) e a posibilidade de alcanzar un camiño diferente.

Tamén poden incluírse obradoiros coa participación de ONG con experiencia de cooperación en África e de integración das persoas migrantes que proveñen deste continente. O Fondo Galego pode asesorar sobre cales son estas entidades con presenza en Galicia.

4. Fotografías

A continuación, pódense apreciar as fotografías que compoñen a exposición.

África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras
África: soños e mentiras