Aviso:

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}



Dereitos Humanos en Mozambique

O fotoxornalista vigués Adrián Irago gañou en 2016 a terceira edición do certame Imaxes con Fondo, cuxo premio consistía nunha viaxe a Mozambique para retratar a realidade do país lusófono e os proxectos de cooperación internacional financiados polo Fondo Galego. Daquela experiencia xurdiu esta exposición, estreada tras a conmemoración do 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

1. Contido

A mostra ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’ ofrece unha panorámica das iniciativas de loita contra a pobreza apoiadas desde o ano 2001 no país africano en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O obxectivo de Adrián Irago recolleu ademais intres da vida cotiá, actividades económicas, aspectos culturais, momentos de lecer, espazos naturais, etc.

2. Ficha técnica

5 cubos de catro caras cada un, de 1,20m x 1,98m. A estrutura é a base de barras metálicas, onde as máis longas se desmontan á súa vez en dúas partes. As fotos e os textos van impresos sobre lonas que se fixan ao aceiro cun velcro que xa levan incorporado.

  • Cubo 1: Introdución na que se presenta a exposición e o seu autor, ao tempo que se ofrecen datos sobre Mozambique e sobre o traballo do Fondo Galego no país.
  • Cubo 2: Dereito á educación. Céntrase no labor da Fundação Encontro e no proxecto financiado á ONGD Ecos do Sur para mellorar as condicións dunha escola.
  • Cubo 3: Dereito á saúde. Repasa as iniciativas apoiadas neste eido para promover a educación sexual ou rehabilitar un centro de saúde da man de Arquitectura sen Fronteiras.
  • Cubo 4: Dereito á auga. Recolle o proxecto co municipio de Nhamayábue para a construción de pequenos sistemas de abastecemento e evitar así o ataque dos crocodilos.
  • Cubo 5: Ofrece información de contexto sobre o país, os desafíos que afronta e as súas potencialidades a nivel turístico, cultural, económico, etc.

Embalaxe:

  •  5 caixas de cartón coas lonas de cada cubo enroscadas.
  •  5 bolsas de loneta coas estruturas de cada cubo desmontadas.

3. Suxestión de actividades complementarias

Inauguración

Suxírese organizar un acto inaugural no que participe a/o representante política/o ou técnica/o do Fondo Galego no concello ou deputación, a modo de presentación ante a cidadanía e os colectivos sociais en xeral e aos medios de comunicación en particular. Desde a nosa Área de Comunicación facilitaremos modelos dos materiais necesarios: nota de prensa, cartelería, fotografías, etc.

Coloquios

Os concellos que acollan a exposición poden contactar con ONGD locais que poidan ofrecer charlas, proxeccións, obradoiros, etc. nas que se estableza un debate participativo para dar a coñecer a realidade da África lusófona, mesmo contando co testemuño de posibles veciñas/os migrantes.

4. Paneis

Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique
Dereitos Humanos en Mozambique