Aviso:

[Pechar}



Sensibilización: Exposicións itinerantes do Fondo Galego

  • Os municipios teñen un papel chave no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU co fin de erradicar a pobreza e as desigualdades no horizonte de 2030. O primeiro paso é dalos a coñecer, de aí que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ideara esta exposición na que cada ODS está representado por unha viñeta dunha autora ou autor de Galicia ou da África lusófona.

  • 'No colo da esperanza' é unha exposición realizada por Felipe Carnotto no ano 2015 na denominada "ruta dos Balcáns", a través da que milleiros de persoas fuxían da guerra en Siria á procura de refuxio en Europa. O reporteiro, gañador da segunda edición do certame Imaxes con Fondo, cédelle temporalmente as fotografías ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedadepara para que as deputacións e concellos socios poidan sensibilizar á súa veciñanza sobre esta grave problemática.

  • O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cumpre en 2017 vinte anos de andaina e conmemórao con esta exposición, que pretende dar a coñecer a contribución das deputacións e concellos socios á construción dun mundo máis xusto ao tempo que se fomenta unha opinión pública favorable á cooperación internacional.

  • Felipe Carnotto, gañador do concurso Imaxes con Fondo II en 2014, viaxou a Nicaragua durante o mes de xuño de 2015 para visitar os proxectos que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realiza co Instituto de Promoción Humana-Somoto no Departamento de Madriz. Nesta mostra, o autor ofrece unha perspectiva en chave persoal sobre a vida cotiá, as paisaxes, as problemáticas, os soños e as esperanzas da poboación nicaraguana.

  • Rober Amado, coma gañador de Imaxes con Fondo 2012, emprendeu en outubro de 2013 unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen Cabo Verde, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego nos 11 anos de cooperación coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde.