Aviso:

[Pechar}



Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade

Rober Amado, coma gañador de Imaxes con Fondo 2012, emprendeu en outubro de 2013 unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen Cabo Verde, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego nos 11 anos de cooperación coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde. 


1. Contido

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprendeu no ano 2012 cunha actividade de sensibilización novidosa e aberta á cidadanía galega a partir de 12 anos de idade, a primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’. O concurso, aberto desde o 15 de abril ata o 15 de novembro de 2012, sumou un total de 47 participantes.

O primeiro resultado do concurso foi a exposición que leva o mesmo nome, ‘Imaxes con Fondo’, deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro, e que está conformada pola compilación das 19 obras máis significativas entre as presentadas.

O segundo resultado foi a viaxe de case un mes a Cabo Verde por parte de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso na súa categoría.

Rober Amado foi nado en Ferrol en 1985. É Licenciado en Psicoloxía e fixo un Máster en Cooperación Internacional e outro en Reporteirismo. É fotógrafo e redactor multidisciplinar, tendo colaborado con diversos medios estatais como El País,  La Vanguardia, La Voz de Galicia, El Temps ou Periodismo Humano. Un ano despois de gañar Imaxs con Fondo, no 2013 gañou o premio TIFLOS da ONCE na categoría ‘xornalismo dixital’.

Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto nos achegan á realidade do país.

Podes coñecer aquí o seu traballo: http://ramadophoto.wix.com/roberamado 

2. Ficha técnica

A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde.

Os paneis fotográficos, de 60 x 40cm, están impresos en cartón pluma de 10mm de grosor, o que os fai moi lixeiros e doados de transportar. Cada panel vai acompañado dun pé de foto, que teñen unhas medidas de 8 x 14cm e 5mm de grosor. A montaxe é moi simple, xa que só se precisa dalgún elemento para pendurar os paneis e Blu tack (ou similar) para pegar os pés de foto. 

Os rollers teñen unas medidas de 0,85 x 2m e posúen fundas protectoras para o seu transporte. A súa colocación depende do espazo expositivo, mais están ideados para ser intercalados entre os paneis fotográficos, xa que aportan datos que complementan a información ofrecida nos pés de foto.

As caixas dos materiais da exposición teñen as seguintes características:

• Dúas caixas de fotografías de 63x42x25 centímetros.
• Unha caixa cos títulos e textos explicativos de 14x13x9 centrímetros
• Catro rollers de 90x10x10 centímetros
• As caixas de fotografías pesan menos de 10 kilos.
• A caixa cos pés de foto aproximadamente 500 gramos
• Os rollers arredor de 2,5 kilos.

3. Suxestións de actividades complementarias

Para aproveitar todo o potencial sensibilizador desta exposición, pode complementarse con distintas actividades de dinamización que contribúan a sensibilizar o público visitante. Conferencias, concertos, teatro, obradoiros… calquera proposta cultural relacionada coa temática da mostra ten cabida. Algunhas propostas sería:

Acto inaugural
Poderíase preparar un acto de inauguración no que participe a organización política e técnica do voso Concello ou Deputación. Trataríase de facer un acto público de presentación ante a cidadanía e os colectivos sociais, e en particular, aos medios, difundindo ademais unha nota de prensa e fotografías. Neste senso, o Servizo de Comunicación do Fondo Galego facilitará o asesoramento necesario.

Vídeo documental  ‘ O Fondo Galego: compromiso coa solidariedade’
Trala viaxe a Cabo Verde do ano 2011 para a filmación dos proxectos, e das e dos protagonistas dos mesmos polo equipo voluntario de Agareso, o 2012 serviu para modelar o guión completo do documental sobre a historia, sentido e resultados da nosa entidade, Fondo Galego: Compromiso coa solidariedade, contando con imaxes e documentación complementaria desde Nicaragua e Cuba, os outros dous países estratéxicos do Fondo Galego, e mesmo en Galicia completando o material coas entrevistas a aquelas persoas relevantes na historia do Fondo.
O voluntariado profesional de Agareso levou a cabo a postprodución e edición de 1.000 copias dun DVD que inclúe ademais os vídeos sobre Vacacións con Traballo encargados á produtora Danga Danga, e o tráiler elaborado coa colaboración da CRTVG.
Podedes solicitar novamente o DVD para proxectar o documental nas vosas localidades.

Paisaxe sonora
A visita á exposición converterase nunha experiencia multisensorial, e polo tanto máis efectiva, se lle engadimos unha paisaxe sonora que envolva ao público no tempo que permaneza nese espazo. Proponse aquí emitir o audio das sucesivas edicións do programa radiofónico do Fondo Galego, ‘Voces con Fondo’, que pode descargarse na sección de podcasts da pestana AG Radio na páxina da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios:www.agareso.org. Ou tamén ambientar con música tradicional caboverdiana.

4. Paneis e fotografías


A continuación podedes ver os paneis informativos que abren a exposición e algunhas das fotografías que fan parte da mostra.

concellos, cooperación, galicia, cabo verde
concellos, cooperación, galicia, cabo verde
concellos, cooperación, galicia, cabo verde
concellos, cooperación, galicia, cabo verde
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade
vivenda
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade
Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade