Aviso:

[Pechar}



Imaxes con Fondo

A exposición que naceu do concurso de fotografía,  pretende promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe. Consta de 20 paneis a toda cor de cartón pluma de 60 x 42 x1 cm con marco de aluminio que protexe todo o canto do panel. O material empregado é moi lixeiro, o que facilita o seu transporte. A montaxe é moi simple, xa que só se precisa dalgún elemento para pendurar os cadros. 

1. Ficha técnica

Consta de 20 paneis a toda cor de cartón pluma de 60 x 42 x1 cm con marco de aluminio que protexe todo o canto do panel. O material empregado é moi lixeiro, o que facilita o seu transporte. A montaxe é moi simple, xa que só se precisa dalgún elemento para pendurar os cadros.

A exposición foi deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro, e está conformada pola compilación das 19 obras máis significativas entre as presentadas ao concurso de fotografía ‘Imaxes con Fondo’, levado a cabo no ano 2012.

2. Contido

A exposición ‘Imaxes con Fondo’ é un dos resultados do concurso fotográfico que tivo lugar no ano 2012, impulsado polo Fondo Galego e financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

‘Imaxes con Fondo’ é unha exposición fotográfica que, ao igual que o concurso,  pretende promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe. O primeiro panel é explicativo, sobre a orixe e fundamentos da exposición. Os restantes paneis conteñen unha ou varias fotografías acompañadas dun texto de 140 caracteres, a través do que se fai unha aposta polas condutas solidarias e respectuosas co entorno e coas persoas que nel habitan.
Os paneis tratan diferentes temáticas, como: a solidariedade interxeneracional, o aforro enerxético, o respecto medioambiental, o consumismo da sociedade occidental, a prostitución, a explotación laboral, as iniquidades que xera o modelo de produción actual, a crise alimentaria e as iniquidades Norte-Sur.

As imaxes que forman parte desta exposición son só unha mostra da calidade dos traballos recibidos. As fotografías foron cedidas polas súas autoras e autores para continuar, a través desta recompilación, coa misión sensibilizadora que envolveu o concurso.

O Fondo Galego agradece a colaboración das autoras e autores das fotografías escollidas, que son as/os seguintes: Xiao Aller Cristobo (gañador do consurso ‘Imaxes con Fondo’ na categoría xuvenil), Laura Villanueva Sánchez,  Roberto Amado Pazos (gañador do consurso ‘Imaxes con Fondo’ na categoría de adultas/os), Raquel Cespón Romero, Suso de Teis, Carlos Rei Ermida, Adrián García Fraga, Rute Cortiço Franco, Jorge Rodríguez Lago, Cristina Andina Barcia, Noela Bermúdez Penabad, Mercedes Rancaño Otero, Piero Piga, Mónica Otero Beceiro e Víctor Barro Casal.

3. Suxestións de actividades complementarias

Para sacar o maior rendemento a esta exposición fotográfica, poden levarse a cabo de xeito complementario outras actividades que reforcen a idea xeral que se pretende transmitir, ou dalgunhas das temáticas concretas que se tratan na exposición.

Máis alá de combinalo con outras actividades que o Fondo Galego ofrece, coma o espectáculo de A Tropa de Trapo ou a proxección do documental dos 15 anos do Fondo, facémosvos algunhas máis específicas e que recomendamos combinar para gañar en capacidade de impacto:

Acto inaugural
É aconsellable preparar un acto de inauguración no que participe a representación política e técnica do voso Concello ou Deputación convidando tamén a tod@s @ membros da corporación, e ao que tamén podería asistir algún autor ou autora das fotografías.

Trataríase de facer un acto público de presentación ante a cidadanía e os colectivos sociais, e en particular, aos medios, difundindo ademais unha nota de prensa e fotografías. Neste senso, o Servizo de Comunicación do Fondo Galego facilitará o asesoramento necesario.

Ciclos de cine con fondo
O Fondo Galego pon a disposición dos socios un total de 13 ciclos de cine sobre diferentes temáticas, entre as que se enmarcan algúns dos tratados nesta exposición. Podes consultar os que están a disposición das entidades socias: www.fondogalego.org/web/node/883

A través dos ciclos de cine podemos afondar no coñecemento das diferentes temáticas sobre as que versa a exposición, facilitamos á cidadanía o acceso a un tipo de cine que engade unha visión crítica e solidaria, e fomentamos a reflexión, o compromiso social e os valores solidarios e igualitarios.

Paisaxe sonora
A visita á exposición converterase nunha experiencia multisensorial, e polo tanto máis efectiva, se lle engadimos unha paisaxe sonora que envolva ao público no tempo que permaneza nese espazo. Proponse aquí emitir o audio das sucesivas edicións do programa radiofónico do Fondo Galego, ‘Voces con Fondo’, que pode descargarse na sección de podcasts da pestana AG Radio na páxina da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios: www.agareso.org.

Charla de ONGD sobre proxectos financiados polo Fondo
As ONGD coas que colaboran o Fondo Galego están dispostas a explicar o seu labor no eido da cooperación ao desenvolvemento. Cómpre amosarlle á cidadanía os proxectos executados, a súa utilidade e a opinión das persoas beneficiarias, así coma os xeitos que temos de colaborar dende Galicia, para así reforzar unha conciencia máis solidaria atenta ás inxustizas e ás desigualdades.

4. Os paneis

presentación
Panel 1
Panel 2
Panel 3
Panel 4
Panel 5
Panel 6
Panel 7
Panel 8
Panel 9
Panel 10
Panel 11
Panel 12
Panel 13
Panel 14
Panel 15
Panel 16
Panel 17
Panel 18
Panel 19
Imaxes con Fondo