Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo |  

Influír no global desde o local: As entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto

Trátase de 12 paneis despregables de lona a toda cor, de 1,20 m de ancho por 2,10 m de alto. A montaxe é moi simple e non precisa de ningún elemento alleo aos xa incluídos cos paneis. Foi deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro e vai acompañada de unidade didáctica e trípticos.

 

1. Ficha técnica

Trátase de 12 paneis despregables de lona a toda cor, de 1,20 m de ancho por 2,10 m de alto. A montaxe é moi simple e non precisa de ningún elemento alleo aos xa incluídos cos paneis. Foi deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro e vai acompañada de unidade didáctica e trípticos.

2. Contido

Imaxe do CD publicado polo Fondo Galego con contidos didácticos sobre a exposición.

A exposición ‘Influír no global desde o local: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto’ pon de relevo o papel dos Concellos e as Deputacións como axentes activos na cooperación internacional para o desenvolvemento.

Preténdese achegar á cidadanía aos problemas dos países do Sur, o sistema de cooperación internacional e mais o papel que dentro dese sistema poden e deben desenvolver as entidades locais galegas e a súa asociación: o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Os paneis amosan os desequilibrios entre os países do Norte e do Sur; o por qué, para qué e cómo da cooperación internacional para o desenvolvemento e concretamente da cooperación desenvolvida desde as Administracións locais, as características fundamentais da cooperación local galega e o labor do  Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Trátase, pois, de contribuír a que a veciñanza sexa máis consciente da realidade internacional e dalgúns dos seus problemas fundamentais, chamando a atención sobre a intensa relación global/local e a conseguinte necesidade de que as entidades locais galegas teñan voz propia no mundo.

3. Suxestión de actividades complementarias

Para aproveitar todo o potencial sensibilizador desta exposición, pode complementarse con distintas actividades de dinamización que contribúan a sensibilizar o público visitante. Conferencias, concertos, teatro, obradoiros… calquera proposta cultural relacionada coa temática da mostra ten cabida.

Unidade didáctica

As que se deriven da utilización da unidade didáctica, da que se inclúe un apartado específico nesta ficha.

Acto inaugural e difusión mediática

É aconsellable preparar un acto de inauguración no que participe a organización, política e técnica, para dar a coñecer a mostra. Trataríase de presentala aos colectivos da zona, a todos os veciños e veciñas e, en particular, aos medios, difundindo ademais unha nota de prensa e fotografías. Neste senso, o Servizo de Comunicación do Fondo Galego facilitará o asesoramento necesario.

Charla de ONGD sobre proxectos financiados polo Fondo

As ONGD coas que colaboran o Fondo Galego están dispostas a explicar o seu labor no eido da cooperación internacional. Cómpre amosarlle á cidadanía os proxectos executados, a súa utilidade e a opinión das persoas beneficiarias, para así reforzar unha conciencia máis solidaria atenta ás inxustizas e ás desigualdades.

Videofórum

Vivimos nunha sociedade de marcado carácter audiovisual, por iso o cine é unha ferramenta sensibilizadora de primeira orde. Tanto as películas de ficción coma os documentais facilitan o achegamento a realidades que, doutro xeito, pareceríannos alleas e distantes. A sesión pode estruturarse en tres partes: introdución ao tema (presentación contando coa presenza dalgunha ONGD ou persoa experta), visionado e debate.

O Fondo Galego de Cooperación conta cun amplo arquivo fílmico, dispoñible para consulta no apartado Videofondo da páxina web. Nesta ocasión, recomendamos os títulos…

Paisaxe sonora e audiovisual

A visita á exposición converterase nunha experiencia multisensorial, e polo tanto máis efectiva, se lle engadimos unha paisaxe sonora que envolva ao público no tempo que permaneza nese espazo. Proponse aquí emitir o audio das sucesivas edicións do programa radiofónico do Fondo Galego, ‘Voces con Fondo’, que pode descargarse na sección de podcasts da pestana AG Radio na páxina da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios: www.agareso.org. Tamén sería interesante manter en permanente proxección cíclica os vídeos incluídos na unidade didáctica.

4. Unidade didáctica

Os contidos da unidade didáctica ‘Influír no global desde o local’, en formato cd, están pensados para alumnado de 12 a 16 anos. Trátase dunha proposta teórico-práctica para ampliar os coñecementos do estudantado no marco da educación para o desenvolvemento. É moi recomendable implicar o profesorado das institucións de ensino locais para que se desenvolva actividades cos materiais incluídos no cd.

A unidade consta de cinco apartados:

  1. Presentación: defínese a xustificación, a finalidade, o público obxectivo, a metodoloxía e os materiais necesarios.
  2. Guión teórico: queé a cooperación internacional?, por que cooperar?, tipos de cooperación, a cooperación descentralizada, a cooperación das administracións locais, os Fondos de Cooperación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, qué fai o Fondo Galego: cooperación ao desenvolvemento, axuda de emerxencia, sensibilización social, presión política; presenza no Sur do Fondo Galego; vantaxes de ter un Fondo de Cooperación.
  3. Exercicios propostos:

    1. Actividade 1: Brigada de investigación solidaria. É o meu un Concello solidario?
    2. Actividade 2: O problema da auga nos países do Sur.
    3. Actividade 3: Unha proposta de campaña de sensibilización para o noso Concello.
  4. Material de apoio: paneis da exposición, vídeos, animacións…
    Estes materiais préstanse ao desenvolvemento de actividades específicas polo profesorado.
  5. Ligazóns de interese: webs de referencia e reflexión.

5. Fotografías da exposición

Panel 1
Panel 2
Panel 3
Panel 4
Panel 5
Panel 6
Panel 7
Panel 8
Panel 9
Panel 10
Panel 11
Panel 12