Aviso:

[Pechar}



Nicaragua: o futuro

Felipe Carnotto, gañador do concurso Imaxes con Fondo II en 2014, viaxou a Nicaragua durante o mes de xuño de 2015 para visitar os proxectos que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realiza co Instituto de Promoción Humana-Somoto no Departamento de Madriz. Nesta mostra, o autor ofrece unha perspectiva en chave persoal sobre a vida cotiá, as paisaxes, as problemáticas, os soños e as esperanzas da poboación nicaraguana.

1. Contido

No ano 2014, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanzou a segunda edición do concurso fotográfico Imaxes con Fondo, dirixido á cidadanía galega ou residente en Galicia a partir de 14 anos de idade. O concurso, aberto desde o 24 de abril ata o 15 de novembro de 2014, sumou un total de 58 participantes. O gañador da categoría de persoas adultas foi Felipe Carnotto, coa súa fotografía 'Pesca sostible'. Como premio polo seu galardón, visitou Nicaragua en xuño de 2015 coa finalidade de coñecer os proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, así como a realidade do país centroamericano. Froito desa viaxe xorde esta exposición, na que plasma unha visión sobre a vida cotiá das e dos habitantes do país centroamericano a través da súa óptica persoal.

Durante a súa estancia en Nicaragua, Carnotto visitou os proxectos que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade leva a cabo co INPRHU-Somoto, unha das ONGD con maior percorrido histórico de Nicaragua e Centroamérica, dotada dunha estrutura totalmente descentralizada e autónoma, coa que o Fondo Galego apoiou un total de 17 proxectos.

Felipe Carnotto naceu en São Paulo (Brasil) en 1986. Radicado en Vigo, Carnotto é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca. O seu traballo publícase en medios como The Guardian, Der Spiegel, El País, ABC ou a revista Luzes, entre outros.  Posúe un posto de honra nos IPA Awards.

2. Ficha técnica

A exposición consta de 24 paneis de 60x40cm a toda cor, dos que 20 son as fotografías máis representativas da estadía de Felipe Carnotto en Nicaragua e 4 son paneis de carácter informativo sobre as accións de cooperación do Fondo Galego no país centroamericano.

Os paneis están impresos en dibond de 3mm de grosor, con laminado en brillo e bastidor de aluminio, o que os fai moi lixeiros e doados de transportar. Cada panel fotográfico vai acompañado dun pé de foto, que conta cunhas medidas de 8x16cm e 3mm de grosor. A montaxe é moi sinxela, xa que só se precisa dalgún elemento para pendurar os paneis e pasta (ou similar) para pegar os pés de foto á parede. 

A exposición conta cunha caixa de madeira de 89x64cm para facilitar a súa embalaxe e transporte. O seu peso é de 50kg.

3. Suxestións de actividades complementarias

Coa finalidade de aproveitar o potencial sensibilizador desta exposición, a súa exhibición pode complementarse con distintas actividades de dinamización que contribúan a sensibilizar ao público visitante. Neste sentido, apréciase a realización de charlas, conferencias, obradoiros, etc, relativas á realidade de Nicaragua. Velaquí algunhas propostas:

Acto inaugural

Como ferramenta de carácter institucional, proponse a realización dun acto de inauguración no que participe a organización política e técnica do respectivo concello ou deputación e o autor da exposición. Trataríase de facer un acto público de presentación ante a cidadanía e os colectivos sociais, e en particular, aos medios, difundindo ademais unha nota de prensa e fotografías. Neste senso, o servizo de Comunicación do Fondo Galego facilitará o asesoramento necesario.

Documentais

A carga sensibilizadora da exposición poderá ser máis efectiva se lle engadimos como actividade complementaria a emisión do documental 'Dreaming Nicaragua' elaborado pola Fundación Fabretto. O documental está dispoñible no VideoFondo, a disposición das deputacións e concellos socios, que deberán contactar coa SGAE e a empresa distribuidora para o pagamento das taxas correspondentes (o Fondo Galego facilitará os contactos respectivos).

4. Paneis e fotografías:

A continuación, pódense apreciar os paneis informativos da exposición e as fotografías da mesma.

Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro
Nicaragua: o futuro