Aviso:

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}



No colo da esperanza

'No colo da esperanza' é unha exposición realizada por Felipe Carnotto no ano 2015 na denominada "ruta dos Balcáns", a través da que milleiros de persoas fuxían da guerra en Siria á procura de refuxio en Europa. O reporteiro, gañador da segunda edición do certame Imaxes con Fondo, cédelle temporalmente as fotografías ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedadepara para que as deputacións e concellos socios poidan sensibilizar á súa veciñanza sobre esta grave problemática.

1. Contido

As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que atravesan os Balcáns canda as súas familias na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de refuxiadas e refuxiados abandonen os seus fogares coa esperanza de vivir en paz. Camiñando en ringleiras durante horas, cruzan Turquía, Macedonia, Serbia... As instantáneas de Felipe Carnotto dan testemuño deste gran éxodo do que ninguén se está a responsabilizar.

2. Ficha técnica

12 cadros en PVC con fotografías en branco e negro, de 90x60 cm, cos seus correspondentes pés de foto, de 20x20 cm, impresos en dibond.
2 paneis introdutorios que presentan ao Fondo Galego, a Felipe Carnotto e a propia exposición, de 90x60 cm, impresos en cartón-pluma.

Embalaxe: 1 caixa de madeira de 102x72,5x41,5 cm e 30 kg aprox.

3. Actividades complementarias

Charla do autor

O fotoxornalista Felipe Carnotto está a disposición das entidades que acollan a mostra para realizar presentacións da mesma e da súa experiencia nos Balcáns, a través dunha charla e/ou visita guiada á exposición (o Fondo Galego asumiría os seus honorarios). Suxírese incluir esta actividade nun acto inaugural no que participe a/o representante política/o ou técnica/o do Fondo Galego no concello ou deputación, a modo de presentación ante a cidadanía e os colectivos sociais en xeral e aos medios de comunicación en particular. Desde a nosa Área de Comunicación facilitaremos modelos dos materiais necesarios: nota de prensa, cartelería, fotografías, etc. 

Teatro 'O valo'

A exposición pode complementar o espectáculo teatral 'O valo', ideado por Pallasos en Rebeldía a partir do premiado texto homónimo de Carlos Labraña. O obxectivo da obra, protagonizada por unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, é promover a reflexión sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas, co fin de evitar o esquecemento e convidar a transformar a realidade pensando un mundo diferente.

Coloquios

Os concellos que acollan a exposición poden contactar con ONGD que traballen con persoas refuxiadas, preferiblemente na súa zona, e que poidan ofrecer charlas, proxeccións, obradoiros, etc. nas que se estableza un debate participativo para dar a coñecer a problemática.

4. Información adicional

- Declaracións institucionais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade:

Axuda humanitaria ofrecida polo Fondo Galego na ruta dos Balcáns a través de Acnur.

5. Paneis e fotografías

No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza
No colo da esperanza