Aviso:

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}



Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Os municipios teñen un papel chave no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU co fin de erradicar a pobreza e as desigualdades no horizonte de 2030. O primeiro paso é dalos a coñecer, de aí que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ideara esta exposición na que cada ODS está representado por unha viñeta dunha autora ou autor de Galicia ou da África lusófona.

1. Contido

A exposición 'Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá' reúne 17 viñetas, unha por cada ODS, de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau.
A través da mostra preténdese fomentar a reflexión, a nivel local e global, sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Tamén se busca concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir ao respecto.

2. Ficha técnica

1 panel de presentación e 17 viñetas con cadanseu ODS, impresos en vinilo sobre 9 caixas de cartón, tamaño 80x118x78 cm, que se colocan á súa vez sobre outras tantas caixas de idénticas dimensións (en sentido inverso).

Embalaxe: 9 paquetes de 1,98x1,60x5 cm, cada un con 2 caixas pregadas e envolto en papel-burbulla.

  • ODS 1: Pórlle fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo. Neivaldo Nhatugueja (Mozambique).
  • ODS 2: Pórlle fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable. Iago Araujo Molina (Galicia).
  • ODS 3: Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades. Pablo Rosendo (Galicia).
  • ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos. Roberto Mendes (Guinea-Bissau).
  • ODS 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. María Nóvoa (Galicia).
  • ODS 6: Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todos. Alberto Fortes 'Litó' (Cabo Verde).
  • ODS 7: Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para todos. María Vilar (Galicia).
  • ODS 8: Promover un crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos. Jano (Galicia).
  • ODS 9: Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sustentable e fomentar a innovación. Luis Davila (Galicia).
  • ODS 10: Reducir a desigualdade en e entre os países. Alicia Jaraba (Galicia).
  • ODS 11: Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables. Clara Patiño (Galicia).
  • ODS 12: Garantir modalidades de consumo e produción sustentables. Roberto Mendes (Guinea-Bissau).
  • ODS 13: Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos. Paula Esteban Blanco (Galicia).
  • ODS 14: Conservar e utilizar de forma sustentable os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible. Noemí López (Galicia).
  • ODS 15: Promover o uso sustentable dos ecosistemas terrestres, loitar contra a desertización, deter e inverter a degradación das terras e frear a perda da diversidade biolóxica. Laprislazuli (Galicia).
  • ODS 16: Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis. Tokio (Galicia).
  • ODS 17: Fortalecer os medios de execución e revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible. Alberto Fortes 'Litó' (Cabo Verde).

3. Actividades complementarias

Inauguración

Suxírese organizar un acto inaugural no que participe a/o representante política/o ou técnica/o do Fondo Galego no concello ou deputación, a modo de presentación ante a cidadanía e os colectivos sociais en xeral e aos medios de comunicación en particular. Desde a nosa Área de Comunicación facilitaremos modelos dos materiais necesarios: nota de prensa, cartelería, fotografías, etc.

Unidade didáctica

O Fondo Galego dispón dunha unidade didáctica arredor da exposición sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, pensada inicialmente para Secundaria, aínda que as actividades propostas son adaptables. O documento pode descargarse aquí.

Coloquios

Os concellos que acollan a exposición poden contactar con ONGD locais que poidan ofrecer charlas, proxeccións, obradoiros, etc. nas que se estableza un debate participativo para dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

4. Información adicional

- Os ODS: Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá
- Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
- ODS: O que os gobernos locais deben saber

5. Paneis e viñetas

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible