-
Ver ficha
O presidente da Fegamp, José Manuel Rey, e a presidenta do Fondo Galego, Teresa París, mantiveron en Compostela un primeiro encontro para afianzar a colaboración entre ambas as dúas entidades.
-
Ver ficha
Alumnado do IES de Viós, no Concello de Abegondo, traballou coas unidades didácticas da exposición 'A paz cuestión de fondo'. A mostra permaneceu no centro ata finais de xaneiro, cando se celebrou o Día da Paz.
-
Ver ficha
Representantes do PSdeG e das ONGD reafirmaron o compromiso co Fondo Galego nun dos Encontros 'Institucións locais e solidariedade', celebrado no Parlamento de Galicia.
-
Ver ficha
O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, abriu o foro canda a vicepresidenta do Fondo Galego e concelleira en Vigo, Isaura Abelairas, e a deputada Carmen Cajide, á esquerda.
-
Ver ficha
O alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, José Manuel Rey, entrevistouse no Concello coa delegación do INPRHU, que percorreu Galicia para difundir o proceso de desenvolvemento apoiado en Nicaragua polo Fondo Galego de Cooperación.
-
Ver ficha
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez -no centro-, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar López -á dereita-, saudaron á representación do INPRHU e ao secretario técnico do Fondo Galego antes da charla.
-
Ver ficha
Estudantes dos tres IES de Monforte de Lemos acudiron á charla impartida por representantes da ONGD nicaraguana INPRHU e organizada polo Concello.
-
Ver ficha
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Outeiro, recibiu á delegación do Instituto de Promoción Humana durante a súa estadía en Galicia para dar a coñecer os proxectos apoiados polo Fondo Galego.
-
Ver ficha
Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á charla de Armando Rodríguez Portillo, coordinador do Programa de Desenvolvemento Rural do INPRHU, organizada pola Deputación.
-
Ver ficha
Marta Álvarez e Armando Rodríguez fixeron unha parada en Sarria durante o seu percorrido polas Administracións socias do Fondo Galego. Na imaxe, coa concelleira de Benestar Social, María Ana Fernández, e dúas técnicas municipais.
-
Ver ficha
Armando Rodríguez e Marta Álvarez mantiveron unha xuntanza na Coruña co director de Servizos Sociais, José Luis Quintela, representante do Concello na Comisión Executiva do Fondo Galego, e coa concelleira de barrio, Carmen Hervada.
-
Ver ficha
Representantes do INPRHU falaron dos proxectos apoiados polo Fondo co alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, membro da Executiva, e coas concelleiras de Cooperación, Marga Figueroa, e de Educación, Sandra Fernández.