Aviso:

[Pechar}



Infórmate a Fondo 111

Mil persoas viron xa Os Soños de Walla

Infórmate a Fondo nº111O venres 13 de novembro estreouse Os Soños de Walla, o primeiro espectáculo teatral froito do programa teaTracción, desenvolvido en parcería entre o Fondo Galego e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). A estrea, que tivo lugar en Vigo no Auditorio CaixaNova, rexistrou unha afluencia extraordinaria que agradeceu o evento cun longo e emocionado aplauso final. Desde aquela, a Xira de Os soños de Walla realizou xa cinco paradas máis: Sarria, Allariz, Viveiro, O Barco de Valdeorras e Ourense.

A Xira está a percorrer Galicia enteira, do interior á costa, das cidades ás vilas medias e máis pequenas, desenvolvéndose con éxito tanto de crítica como dun público que coas súas palmas finais recompensa non só o espectáculo, senón o resto de méritos desta orixinal Xira: o traballo voluntario, o contributo á comunidade, a interacción na reflexión...

No ámbito do programa, creouse na ESAD de Galicia un Seminario permanente de traballo para vincular o Teatro coa acción social, mantendo así unha liña de traballo que estimula a reflexión, tan necesaria en calquera actividade humana. Á par, teaTracción funciona como obradoiro de formación no nivel puramente artístico e profesional.Tamén, o programa está ofrecer a oportunidade ás Entidades socias beneficiadas nesta ocasión, de dispor dun espectáculo diferente, libre e gratuíto, que permite ao público entrar nun conto especial, nun conto de soños que permite abstraerse do ruído das nosas vidas cotiás, para mergullarse nun mundo e nunhas problemáticas con pouca ou ningunha presenza na televisión e os programas de masas.

Quen acuda ao teatro tense que deixar ser seducido polas voces, as músicas, o movemento e as palabras dun texto extraordinario, construído para a ocasión.

A Os soños de Walla réstanlle aínda catro paradas máis para seren soñados neste 2010: 15 de xaneiro Outes, 22 Ribeira, 23 Oleiros, e o peche da Xira, o día 30 en Baiona.

Para saber máis de como foi a Xira ata agora, e para saber como seguirá, podedes consultar o web do Fondo Galego, www.fondogalego.org, ou o Blog do grupo teaTracción en: www.teatraccion.blogaliza.org.

AnexoTamaño
Descarga o boletín en formato PDF452.95 KB
Infórmate a Fondo 111