Aviso:

[Pechar}



Infórmate a Fondo 115

O Fondo Galego de Cooperación impulsa o desenvolvemento de Mozambique en parcería coa ONU

Infórmate a Fondo 115O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsará en colaboración coa ONU o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo cun investimento de 62.643 euros. Aínda que esta nova liña de traballo está chamada a ser financiada pola Comisión de Cidades e Deputacións, que integra as sete cidades e as catro Deputacións de Galicia, no presente exercicio contará co apoio de catro dos seus once membros. Os Concellos da Coruña, Pontevedra e Vigo contribúen con 15.000 euros cada un, mentres que a Deputación de Lugo achega os 18.000 euros restantes. A asociación municipalista incorpórase na segunda fase do programa trianual de apoio ao proceso de desenvolvemento económico local en Mozambique, que se canaliza a través da iniciativa ART do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD).

O responsable de ART no Estado español, Antonio Zurita, presentou o proxecto canda o presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, en Santiago de Compostela, nun acto no que tamén participaron os representantes das administracións cofinanciadoras. Zurita lembrou que Mozambique “é un dos países con menor índice de desenvolvemento humano no mundo”. Indicou que o proxecto “incide na creación de postos de traballo a través do fortalecemento da Axencia de Desenvolvemento Económico Local da provincia de Maputo, mediante accións de formación ocupacional, viveiros de empresas, microcréditos, etc. para promover o emprego, nomeadamente da muller, que en Mozambique é o alicerce fundamental da familia”.

Neste senso, “vanse impulsar actuacións concretas de apoio á economía social vinculada á muller, coa formación de recursos humanos mediante escolas-obradoiro, e vaise promover un plano estratéxico no territorio para que as sucesivas propostas de cooperación actúen como complemento”. Antonio Zurita apostou pola asistencia técnica do Fondo Galego en áreas como residuos sólidos, auga potable, promoción da inclusión social ou vivenda. “Á vez propiciarase que a poboación beneficiaria devolva a visita para contar en Galicia en qué medida todo isto está sendo útil, ademais de coñecer novas experiencias que dende aquí se poidan achegar ao territorio”. O representante da ONU lembrou que o traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “é coñecido en diferentes partes do mundo” e avogou por “consolidar unha alianza estable” coa asociación municipalista galega a partir desta primeira experiencia.

AnexoTamaño
Descarga acó o PDF530.86 KB
Infórmate a Fondo 115