Aviso:

[Pechar}



Infórmate a Fondo 117

Unha alcaldesa de Cabo Verde difunde en Galicia os proxectos do Fondo

Portada do Infórmate a Fondo 117A alcaldesa do municipio caboverdiano de Paúl, Vera Almeida, visitou distintas administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para dar a coñecer os proxectos que a súa Cámara desenvolve co apoio da asociación municipalista. A Deputación de Lugo e mais os Concellos de Vigo, Boiro e Tomiño recibiron á alcaldesa, que aproveitou para intercambiar experiencias con colectivos de mulleres. Vera Almeida reuniuse ademais coa Secretaria Xeral da Igualdade e coa subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Mantivo tamén unha xuntanza coa Comisión Executiva do Fondo e impartiu unha conferencia na Escola Superior de Arte Dramática, dentro do programa de teatro social TeatrAcción.

En Paúl estase a executar un proxecto de recalificación urbana para mellorar as condicións de habitabilidade e salubridade na localidade de Eito. O Fondo Galego de Cooperación contribúe con 55.000€ achegados polo Concello de Vigo. Reparación de fachadas, construción de baños e cociñas, drenaxe de auga, empedrado das rúas ou rehabilitación de espazos verdes, ademais de sensibilización ambiental, son algunhas das tarefas que se están levando a cabo.

O obxectivo é mellorar a calidade de vida da poboación, reducindo a degradación do ambiente e o alto índice de enfermidades infectocontaxiosas. Actúase sobre 22 vivendas de familias extremadamente pobres, aínda que as 120 familias residentes en Eito resultarán beneficiadas. O proxecto ten en conta o enfoque de xénero, priorizando nais solteiras, cabezas de familia, mulleres con moitos fillos, desempregadas ou cun traballo precario. Supón asemade un incentivo para aquelas donas que poden dedicarse na casa a actividades coma a elaboración de doces e salgados, costura, encaixes e bordado, etc.

AnexoTamaño
Descarga aquí o boletín en formato PDF361.16 KB
Infórmate a Fondo 117