Aviso:

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 1134.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 229.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 169.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 136.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 24.

[Pechar}



Memoria 2019: Cooperación local no mundo global

Evitar dar pasos atrás e o fortalecemento interno da asociación foron dúas premisas que guiaron o traballo ao longo do mandato 2015-2019. Sen dúbida, conseguiuse, grazas ao grande esforzo realizado por todas as entidades socias, que amosaron o seu compromiso participando activamente na vida orgánica do Fondo Galego.  Canda elas, guiounos tamén o compromiso coa defensa e promoción dos Dereitos Humanos e a acción exterior de Galicia. Compromisos que puideron superarse desde o convencemento de que somos unha rede de persoas e institucións capaces de traballar por intereses comúns e universalistas.

O 2019 foi un ano marcado pola nova configuración dos entes do poder local tras as eleccións municipais do mes de maio. Este feito orixinou a renovación da Comisión Executiva do Fondo Galego. Sen deixar de agradecer o traballo, dedicación e esforzo á Comisión Executiva saínte, esta renovación de cargos e representacións políticas tentará dar un novo pulo ao traballo e ao esforzo depositado nesta axencia municipal da cooperación galega.

Faise esencial pór en valor a implicación e a dedicación da anterior Comisión Executiva. Da súa boa xestión e determinación recollemos hoxe bos froitos, a pesar das dificultades que, como sabemos, non faltaron.

A nova Comisión Executiva, e eu como presidente, agradecendo os esforzos das nosas e os nosos antecesores, acollemos o cargo como quen acolle o mellor dos agasallos. A ilusión e as ganas de traballar a prol dun mundo máis xusto e solidario desde os nosos municipios, superando as diferenzas e poñendo enriba da mesa o que nos une, será o noso principio básico. E, dando un paso máis alá, traballaremos con todo o empeño para expandir esta rede municipalista da cooperación, tratando de chegar a máis concellos e persoas, para garantir o espallamento dos valores fundamentais na construción dun mundo máis equitativo e xusto.

Se ben é certo que o mandato 2015-2019 foi un período de afianzamento do Fondo Galego, nomeado pola Fegamp como a axencia da cooperación local galega, nesta nova etapa debe gañar en solidez e consistencia, debemos avanzar e encamiñar os nosos esforzos cara un maior compromiso coa cooperación ao desenvolvemento, que pasa tamén polo económico, que nos permita dar un novo impulso ao Fondo Galego como actor sólido e fundamental do sistema galego de cooperación. O poder local ten moito que ofrecer, en experiencia e en competencias, e máis se somos quen de cooperar aquí, entre nós. Temos catro anos por diante para afianzar este reto.

Co orgullo de asinar novamente a memoria de actividades como presidente, quero reiterar o compromiso de seguir traballando a favor da xustiza e igualdade entre os pobos.

Juan González
Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Memoria 2019

Memoria 2019: Cooperación local no mundo global