Aviso:

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}



Memoria Fondo Galego 2017: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade

Memoria Fondo Galego 2016: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade

Hai algo máis de vinte anos, un pequeno grupo de concellos pioneiros, da man do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), lanzáronse á aventura de contribuír á loita contra a pobreza a nivel global. Hoxe somos xa 94 administracións locais galegas as que unimos esforzos a través desta rede para acadar un mundo máis xusto. E o número non deixa de medrar. Cada vez son máis os concellos que se achegan ao Fondo Galego e que amosan a súa vontade de participar nesta política pública mancomunada de cooperación ao desenvolvemento.

Desde 1997, o Fondo Galego apoiou máis de 150 proxectos en preto de trinta países, entre os que destacan Cabo Verde, Nicaragua, Cuba, Perú e Mozambique. Tamén ten ofrecido axuda de emerxencia perante conflitos bélicos e catástrofes naturais, coma o terremoto en Haití ou a chamada crise de persoas refuxiadas. Pero o seu labor non se limita só ao apoio de proxectos de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur, pois cremos que aquí, en Galicia, en cada un dos nosos concellos, hai moito por facer tamén para erradicar as desigualdades Norte-Sur. O cambio de mentalidade cara unha maior corresponsabilidade das inxustizas a nivel mundial é un ingrediente imprescindible para conseguir un mundo máis equitativo e solidario.

Tras vinte anos de andaina son moitas as persoas e entidades que nos acompañaron neste camiño e a todas e cada unha delas quero facerlles chegar o máis sincero agradecemento en nome da Comisión Executiva do Fondo Galego. Sen esquecer ás persoas que ocuparon a súa Presidencia: Alfredo Novoa, do Concello de Oleiros, e Teresa París, do Concello de Redondela.

Destacar o apoio recibido desde o inicio por parte doutros Fondos de cooperación xa existentes no ámbito estatal e que mesmo no mes de novembro apoiaron ao Fondo Galego para ocupar a Presidencia da Confederación de Fondos, unha nova responsabilidade que afrontarei co afán de impulsar este espazo de coordinación e aprendizaxe mutua.

E non podemos deixar de agradecer. Á Fegamp, por ser un apoio incondicional ao longo dos 20 anos de percorrido, á Xunta de Galicia, pola aposta do papel fundamental que acada o Fondo Galego no eido da sensibilización da cidadanía, ao propio Igadi, por ser o artífice do que neste ano celebramos, en especial á figura de Xulio Ríos.

Nos próximos anos temos por diante o difícil pero non imposible reto de acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU, e precisamente o traballo en rede é unha das claves para conseguilo. Así que seguiremos tecendo alianzas con outras administracións, como é a Xunta de Galicia, e tamén coas organizacións da sociedade civil, a través da Coordinadora Galega de ONGD.

Por último, só me queda animar ás deputacións e concellos socios do Fondo Galego a intensificar a súa implicación e convidar a aqueles que aínda non son socios a traballar connosco polo cumprimento dos dereitos humanos universais. Só participando no Fondo Galego garantimos que todos os concellos, grandes e pequenos, do interior e da costa, poden participar na cooperación ao desenvolvemento realizada esta con eficiencia, eficacia e de xeito coordinado, proxectando o mellor do municipalismo galego no exterior. Xuntando cada gran de area neste fondo común, si é posible!

Agardámosvos cos brazos abertos!

Juan González
Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 

Memoria 2017
 

Memoria Fondo Galego 2017: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade