Aviso:

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}



Memoria Fondo Galego 2018: A Fondo cos ODS

Tras a aprobación da Axenda 2030 da ONU e dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible en setembro de 2015, ábrese un novo reto para os gobernos estatais e subestatais, movementos e organizacións da sociedade civil e a empresa privada.

Os 17 Obxectivos, coas súas 169 metas, veñen a dar continuidade aos antigos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, se ben os agora vixentes conteñen a axenda global máis ambiciosa aprobada pola comunidade internacional para mobilizar a acción colectiva en torno a fins comúns.

Por primeira vez prescíndese da idea clásica das relacións internacionais como relacións entre Estados, e somos chamados directamente á acción os gobernos locais, o sector privado e os movementos e organizacións sociais. E máis concretamente, os ODS sinalan aos gobernos locais como entidades clave para garantir a consecución das metas, o que alberga unha grande responsabilidade pola nosa parte.

Ser a administración pública máis próxima a cidadanía enmárcanos como un espazo idóneo para fomentar a participación cidadá, fortalecer o tecido social, crear sentido de comunidade e traballar para construír municipios  sostibles e resilientes, tendo como máxima a actuación local con visión global.

Desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ao que pertencen actualmente 100 administracións locais, temos dado algúns pasos para propiciar o coñecemento e implantación dos 17 Obxectivos por parte de todas as administracións locais de Galicia, así como actividades de sensibilización dirixidas á cidadanía.

É un feito que o noso país conta xa con puntos de partida sólidos para o lanzamento de políticas públicas municipais en liña cos ODS, e o exercicio de identificalos sería dunha enorme utilidade e apropiación dos ODS por parte das administracións locais. Falo aquí da tan mencionada localización dos ODS, o primeiro paso para establecer unha estratexia de integración dos ODS nas políticas públicas municipais. A localización dos ODS nos municipios galegos, ou sexa, saber que cousas estamos a facer ben na liña dos ODS, sería unha fonte de motivación para o municipalismo na súa implicación coa Axenda 2030.

Porén, a novidosa arquitectura dos ODS obriga, se queremos conseguir as metas marcadas, a que todas as administracións públicas e sociedade civil rememos na mesma dirección, o que implica a obrigada coordinación de políticas públicas e a promover a participación da cidadanía nas mesmas.

O mundo que queremos, depende en parte, de cada unha de nós!

Juan González
Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 

Memoria 2018

Memoria Fondo Galego 2018: A Fondo cos ODS