Aviso:

[Pechar}



Nicaragua (INPRHU-Somoto)

 

Total proxectos apoiados 23
Ano de inicio da cooperación 1998
Orzamento total dos proxectos executados 2.696.134,60€
Achega desde o Fondo Galego 771.417,77€
 

A cooperación en Nicaragua iníciase por parte do Fondo Galego no ano 1998, a través da convocatoria aberta para as ONGD galegas ou con delegación en Galicia. Porén, a cooperación con este país xorde, nun primeiro momento, do interese das galegas e galegos canalizadas en varias ONGD con traballo en Nicaragua. Deste xeito, foron financiados un total de 12 iniciativas a través de ONGD que concorreron ás diferentes convocatorias de proxectos dos distintos exercicios, e un total de 11 proxectos de cooperación directa, tendo como parceiro a ONGD nicaraguana INPRHU-Somoto (Instituto de Promoción Humana- Somoto).

Nicaragua é o país latinoamericano que máis fondos recibiu do Fondo Galego a través da cooperación directa. A necesidade de traballar con este país radica nos pésimos datos que amosan os indicadores de pobreza: case a metade da poboación nicaraguana vive na extrema pobreza e o 28% vive con menos de dous dólares ao día. Nicaragua ocupa un dos tres últimos postos no ranking do Índice de Desenvolvemento Humano en América. A conexión histórica que nos une co pobo latinoamericano obriga ao Fondo Galego a corresponsabilizarse e a tomar partido na loita contra a pobreza en Nicaragua.
 
O INPRHU é o parceiro co que o Fondo Galego traballa dende o ano 2003. Esta organización promove dende a súa creación (1990) a igualdade de oportunidades, a participación cidadá e a promoción dos dereitos fundamentais das familias máis vulnerables, tanto no rural coma no urbano. Os proxectos financiados polo Fondo Galego a través do INPRHU van destinados a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas no ano 1998 polo furacán Mitch, que azotou severamente o norte e occidente de Nicaragua, ocasionando perdas humanas, grave deterioro ambiental e importantes danos en agricultura e en infraestructura social básica. O impacto do fenómeno tivo repercusións en 4 municipios do Departamento de Madriz, afectando con maior gravidade ao municipio de Totogalpa.
 
O Fondo Galego centra, dende o ano 2007,o traballo co INPRHU na construción de vivendas para as familias máis empobrecidas. A experiencia do INPRHU-Somoto nesta materia é ampla. Nos últimos anos, INPRHU executou este tipo de proxectos no Departamento de Madriz, consolidando experiencias e fortalecendo alianzas internacionais. Así, no ano 2007 executouse un proxecto de 30 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (con financiamento da Xunta de Galicia). No 2008 executouse un proxecto de 30 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (con financiamento da Xunta de Galicia), e outro proxecto máis de 15 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (Concello de Vigo). Xa no ano 2011, outras 15 vivendas foron rehabilitadas no Municipio de Totogalpa co financiamento do Fondo Galego (Concello de Vigo). 
 
LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS EN NICARAGUA
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
1998 Construción de sumidoiros de vao e empedramento. COSAL 21.300€ 21.300€
Trillo e panadería AXUNICA 13.731€ 13.731€
1999 Muíño para comunidade AXUNICA 13.731€ 13.731€
2000 Reconstrución de vivendas e cociñas no departamento de Estelí Fundación Augusto César Sandino 95.513,73€ 10.513,73€
2002 Banco de materiais para melloras nas vivendas de El Viejo Arquitectos sen Fronteiras 117.493,34€ 35.979,82€
2003 Autoconstrución de anexo de sistema de auga no sector das Palmitas e sector 4 do Municipio de Las Sabanas- Departamento de Madriz INPRHU SOMOTO 3.109,50€ 2.404,50€
Captación de auga para o Municipio de Las Sabanas INPRHU SOMOTO 43.665€ 43.665€
As mulleres deseñando o futuro INPRHU SOMOTO 10.529,84€ 6.224€
Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais Manos Unidas 368.689,95€ 18.555,64€
Construción dunha unidade clínico-docente SEMG-Solidaria 360.607,26€ 36.000€
2004 Proxecto produtivo de pesca artesanal para a desmobilización dos cortadores de Mangle no Estero Real e Golfo Fonseca Amigos da Terra. Centro Iris de Medioambiente 54.004,32€ 24.444,21€
2005 Creación da Unidade Clínico Docente en Ciudad Sandino Fundación SEMG-Solidaria 446.260,49€ 30.000€
Proxecto de Educación Alternativa Rural Técnica Integral para Adolescentes e Mozos Rurais no Municipio de Las Sabanas INPRHU-Somoto 119.027,20€ 30.000€
Instalación dun muíño comunal INPRHU-Somoto 2.936,25€ 1.200€
2007 Construción dunha cociña comunitaria INPRHU-Somoto 11.029,84€ 10.000€
Rehabilitación de vivendas no Concello de Totogalpa INPRHU-Somoto 191.521,98€ 99.000€
Educación Técnico-Agropecuaria para adolescentes e mozos/as rurais do Municipio de Las Sabanas INPRHU-Somoto 40.776,56 40.776,56
2008 Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa INPRHU-Somoto 185.055,31€ 110.386,74€
Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa INPRHU-Somoto 123.714,95€ 69.734€
2009 Fomento da participación no marco dos gabinetes do poder cidadán no municipio de Totogalpa, Madriz, Nicaragua Paz e Desenvolvemento 87.693,45€ 50.000€
A Formación Sanitaria como vía de desenvolvemento Solidariedade Galega 30.000€ 24.000€
2010 Latrinas para Tepalón AXUNICA 8.439,6€ 6.751,62€
2011 Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de 11 familias chorotegas en Totogalpa. INPRHU-Somoto 82.243,77€ 58.189,64€
 

 

Nicaragua (INPRHU-Somoto)