Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2016-11-24

Conclúen os obradoiros de fotografía social tras percorrer dez concellos socios do Fondo Galego

- Arredor de 300 mozas e mozos achegáronse á fotografía como ferramenta de cambio da man de Felipe Carnotto, gañador do certame Imaxes con Fondo II.
- Nestes intres permanece aberta a votación online da terceira edición do concurso promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Alumnado do CPI 'Aurelio Marcelino Rey García' de Cultis asistiu ao obradoiro.Preto de 300 mozas e mozos achegáronse á fotografía como ferramenta de transformación social nos obradoiros impartidos polo fotoxornalista Felipe Carnotto en dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A actividade de sensibilización conclúe hoxe ás 12 horas no Centro Cultural da Guarda, tras pasar ao longo dos últimos catro meses por Xove, Redondela, Teo, Cuntis, Lugo, Lousame, Mugardos, Burela e Fene.

O programa aborda asemade a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas. No transcurso das sesións, que incluíron prácticas nas que o alumnado tirou as súas propias fotografías co teléfono móbil, visionouse asemade o traballo realizado por Carnotto na ruta das persoas refuxiadas e tamén en Nicaragua, país ao que viaxou para visibilizar os proxectos do Fondo Galego tras gañar o certame Imaxes con Fondo II. Nestes intres, está aberta na páxina do Fondo Galego en Facebook a votación online da terceira edición, que xirou arredor da interculturalidade.

Felipe Carnotto impartiu unha das primeiras sesións no Multiusos de Chapela.Promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe, é o obxectivo tanto do concurso como da exposición 'Imaxes con Fondo', conformada por 19 obras que concorreron na primeira convocatoria. A mostra, deseñada polo debuxante Pepe Carreiro, acompañou os obradoiros de fotografía social e entre o 5 e o 20 de decembro instalarase na Casa do Concello da Guarda, nunha aposta por concienciar sobre as condutas respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan. A solidariedade interxeneracional, o aforro enerxético, a protección ambiental, o consumismo, a prostitución, a explotación laboral, a crise alimentaria e as desigualdades Norte-Sur son algunhas das temáticas abordadas.