Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2016-11-28

Remata a xira dos contos solidarios da Tropa de Trapo por unha decena de entidades socias

- Máis de 800 persoas gozaron entre xuño e novembro das historias que avogan polo empoderamento das mulleres, o traballo colaborativo ou a cooperación.
- A actividade, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ía dirixida a público adulto de zonas rurais, aínda que tamén se adaptou ao infantil.

A Tropa de Trapo en Laxe.A Tropa de Trapo levou cos seus contos valores como a liberdade, o respecto e a igualdade a dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A entidade priorizou este ano as zonas rurais e desde o mes de xuño máis de 800 persoas gozaron das actuacións en Vilasantar, Castrelo de Miño, Laxe, San Sadurniño, Boiro, Pontedeume, Pontevedra, Ourense, Moeche e A Pobra do Caramiñal.

Aínda que a actividade se adaptou ao público proposto por cada concello, a iniciativa ía nun principio dirixida ás persoas adultas, que adoitan ter menos acceso aos espectáculos de contacontos e á educación en valores. Deste xeito, na maioría dos concellos se representaron os 'Contos coas mans abertas', dentro do Plan de Sensibilización do Fondo Galego, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

'Contos coas mans abertas' no Castelo de Moeche.'Nicaragua', 'As mulleres de Torneiros' e 'O primeiro galego bosquimano da historia' son os títulos das historias levadas a escena, cunha narración áxil, música en directo e boas doses de humor. O obxectivo é sensibilizar sobre a solidariedade, o traballo colaborativo, o empoderamento das mulleres, etc.

Marta Ortiz e Brais das Hortas, que desde 2010 levan convidando a reflexionar con esta proposta, mergullan ás e aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, 'Contos coas mans abertas' defínese coma un espectáculo cheo de esperanza, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar o mundo e entendelo mellor.