Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2016-12-26

O Fondo Galego contribuíu á recuperación dun Concello ecuatoriano tras o terremoto

- A asociación de administracións locais e provinciais achegou 8.000 euros para repoñer o sistema informático do municipio de Jama, o segundo máis afectado.
- Estes equipamentos resultaron esenciais para garantir o bo funcionamento dunha institución clave para paliar os efectos dunha das principais catástrofes do ano.

O Concello de Jama instalouse provisionalmente en carpas e casetas de obra tras o terremoto.O terremoto de 7,8 graos que deixou 673 persoas mortas en Ecuador é unha das principais catástrofes rexistradas no ano que remata. O  Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade contribuíu a paliar as súas consecuencias cofinanciando a reposición dos sistemas informáticos do Concello de Jama, a segunda cidade máis afectada polo sismo, a pouco máis de 50 km do seu epicentro.

Faleceron 27 veciñas e veciños, dun total de 23.250, e o 85% dos edificios quedaron inutilizables. Entre eles, a propia Casa Consistorial, onde urxía ademais recuperar os sistemas informáticos. Estes resultan esenciais para o bo funcionamento dunha institución clave para minguar os efectos do desastre e impulsar á recuperación da zona e das súas xentes. O Fondo Galego achegou 8.000 euros para a súa adquisición, instalación e configuración e o Fons Català de Cooperació al Desenvolupament contribuíu con 2.000. A responsable de América Latina nesta entidade, Victòria Planas, visitará no primeiro trimestre de 2017 diversos concellos galegos para dar conta da actuación, que avaliou sobre o terreo.

O propio Concello de Jama puxo 16.382 euros para levala a cabo e tamén colaborou a Asociación Latinoamericana para a Integración dos Inmigrantes (ALII), que foi a encargada de mercar os equipos e asegurarse de que chegaran ao goberno local nas condicións axeitadas. Trátase dunha entidade catalá promovida por migrantes latinos, entre os que hai moitos do Ecuador, de xeito que a intervención inclúe así unha compoñente de codesenvolvemento.