Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2017-03-24

O Fondo Galego, referente en cooperación técnica e sensibilización en Barcelona e Bruxelas

- A capital europea acolle a xuntanza de avaliación do proxecto con Portugal, Alemaña e Holanda para impulsar a educación para o desenvolvemento.
- O programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo esperta grande interese en Cataluña coa participación dunha bibliotecaria redondelá.

María José Villar expuxo a experiencia en Cabo Verde.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a actuar esta semana como referente en senllos encontros celebrados en Barcelona e Bruxelas. En Bélxica, persoal da entidade participou canda os socios de distintos países na xuntanza de avaliación do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento, centrado na promoción da educación para a cidadanía global, mentres que en Cataluña foi acollida con grande interese a experiencia das Vacacións con Traballo, exposta pola Secretaría e por unha bibliotecaria do Concello de Redondela participante neste programa de voluntariado internacional.

María José Villar compartiu os resultados da súa colaboración na biblioteca municipal de Santa Cruz, en Cabo Verde, coas e cos asistentes ás Xornadas de Cooperación Técnica que o Fons Català de Cooperació al Desenvolupament organiza estes días en Sant Cugat del Vallès. O testemuño de primeira man achegado pola bibliotecaria redondelá sobre o apoio prestado en terreo e sobre a realidade caboverdiana converteu o seu relatorio nun dos máis exitosos do encontro, no que tamén se expuxeron experiencias de Bolivia, Senegal, Líbano ou Marrocos. Pola súa parte, a secretaria do Fondo Galego, Andrea García Corzo, presentou a asociación e o propio programa Vacacións con Traballo, co que na última década corenta técnicas e técnicos municipais achegaron os seus coñecementos en países empobrecidos.

Os resultados do proxecto europeo avaliáronse en Bruxelas.De xeito paralelo, tiña lugar en Bruxelas a avaliación do proxecto Redes para o Desenvolvemento, no que o Fondo Galego participa compartindo as súas boas prácticas en materia de sensibilización fronte as desigualdades con socios de Portugal, Alemaña e Holanda. A entidade presentou principalmente os resultados do foro internacional celebrado en Pontevedra para intercambiar materiais e metodoloxías, así como da súa participación no seminario organizado en Lisboa arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A viaxe permitiu ademais afianzar a relación co Programa de Desenvolvemento de Nacións Unidas (PNUD).