Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Santiago de Compostela 2017-12-12

O Fondo Galego cofinancia tres proxectos de ONGD en Guinea-Bissau e Centroamérica

- InteRed, ACPP e Enxeñería sen Fronteiras recibirán un total de 136.603 euros para desenvolver accións a prol da saúde sexual e do acceso á auga.
- Unha responsable de Acnur detallou na Asemblea celebrada hoxe o resultado da axuda de emerxencia destinada ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.

Karmele Sáez, responsable de Proxectos de Acnur, na Asemblea do Fondo Galego.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinanciará cun total de 136.603 euros tres proxectos de ONGD galegas en Guinea-Bissau, Guatemala e Honduras. A Asemblea Xeral da asociación de concellos e deputacións resolveu esta mañá a convocatoria de subvencións, á que se presentaron 17 propostas de 16 entidades. A xuntanza contou tamén coa presenza dunha representante do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), que presentou os resultados da axuda de emerxencia destinada a solicitantes de asilo na ruta dos Balcáns.

Karmele Sáez explicou como o Fondo Galego contribuíu a combater a vaga de frío siberiano que o pasado inverno afectou ás refuxiadas e refuxiados. "Todas as persoas refuxiadas coas que puiden falar queren volever ao seu país", incidiu a responsable técnica do Departamento de Proxectos de Acnur ao tempo que amosaba varios testemuños reais, e tamén denunciou que "os estados europeos non están cumprindo os seus compromisos".

Outra das accións de axuda de emerxencia financiadas no presente exercicio foi a adquisición de alimentos para a poboación refuxiada saharauí nos campamentos de Tinduf, á que o Fondo Galego dedicou 6.000 euros. Esta axuda humanitaria foi canalizada a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) e da Media Lúa Vermella.

En canto ás accións subvencionadas ás ONGD galegas, apoiarase con 49.861 euros unha proposta de InteRed para implementar un programa de formación integral en sexualidade para profesorado, alumnado e familias vinculadas a catro escolas públicas do municipio guatemalteco de Chinautla. A iniciativa incluirá tanto educación sexual e sobre dereitos reprodutivos como coñecementos para a identificación de violencias, especialmente de xénero, e das canles que as e os docentes deben seguir para a súa denuncia. Traballarase asemade co Concello e con organizacións da sociedade civil para crear unha oficina municipal de mocidade que promova o liderado xuvenil para a defensa dos seus dereitos.

Doutra banda, Asemblea de Cooperación pola Paz obtivo 50.000 euros para mellorar o acceso á auga e reforzar as boas prácticas hixiénicas na localidade de Carantaba, en Guinea-Bissau, a fin de paliar os problemas de saúde que sofre a poboación. Para conseguilo, rehabilitarase un pozo no que se colocará unha bomba con paneis solares, amais de instalar catro fontes na vila e senllas tomas de auga na escola e na residencia do profesorado. Ao tempo, levarase a cabo unha campaña de concienciación sobre o uso da auga e prácticas de hixiene, así como a elaboración dun plan para o recurso hídrico no que participe a comunidade.

Ao mesmo eido corresponde o proxecto cofinanciado a Enxeñería sen Fronteiras con 36.742 euros, a través do cal se fortalecerá aos equipos técnicos dos sete concellos que forman parte da mancomunidade Nasmar, en Honduras. O obxectivo é que, ao remate, poidan levar a cabo proxectos de abastecemento de auga en comunidades rurais, integrando entre outros enfoques de participación cidadá. Formaranse en cálculo para o deseño de tubaxes, manexo de programas informáticos ou procesos de calidade para unha xestión pública transparente.

No transcurso da Asemblea informouse asemade sobre os proxectos de cooperación para o desenvolvemento executados en 2017. En Mozambique púxose en marcha canda a Fundação Encontro unha intervención co deporte como ferramenta para previr doenzas e adiccións na mocidade. Tamén se está a traballar co municipio de Nhamayábue para garantir o acceso á auga abrindo catro pozos para que a poboación non teña que percorrer o río a causa da seca, evitando así os ataques dos crocodilos e hipopótamos, que xa provocaron varias mortes.

Polo demais, na xuntanza expúxose o informe de situación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e ratificáronse as altas e baixas do último ano, no que a entidade emprendeu un plan de captación de socios con motivo do seu vixésimo aniversario. Despediuse así ao Concello de Fornelos de Montes e déuselle oficialmente a benvida a Monfero, Alfoz, A Pastoriza, Miño e á Deputación de Pontevedra.