Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Oleiros 2017-12-10

Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro de 2018 cumpre 70 anos un dos textos máis importantes da historia: a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Un documento que, co seu primeiro artigo, xa nos tería que facer reflexionar sobre o camiño que está a tomar a nosa sociedade:

"Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade, en dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros".

FOTO: Adrián IragoA reflexión común tería que comezar tomando conciencia da cantidade de veces que estas liñas foron ignoradas desde a súa creación: A guerra de Vietnam, Afganistán, Iraq; as torturas en Abu Ghraib e Guantánamo; os conflitos de intereses creados polos Estados Unidos en América Latina; os Balcáns, Ruanda, Libia, Marrocos; o apartheid en Sudáfrica; a opresión sistemática ao pobo palestino... e co paso do tempo, semella que a actitude conciliadora das grandes potencias brilla pola súa ausencia. Non hai máis que analizar, neste último caso en Palestina, a decisión de Trump de obviar as recomendacións internacionais e recoñecer oficialmente Xerusalén como capital do estado de Israel, nun acto de provocación sen precedentes que alimenta unha situación de masacre por parte do estado de Israel a millóns de palestinos e palestinas.


Tamén nos nosos días estamos a vivir a meirande crise de persoas refuxiadas desde a II Guerra Mundial, e dous anos despois da mediática morte do pequeno Aylan Kurdi na praia turca de Bodrum, Europa segue cos ollos pechados, levantando muros. E morre xente afogada nas augas do Mediterráneo, persoas que percorren milleiros de quilómetros para fuxir das bombas que outros tiran nos seus fogares, en Siria. E continúan en pé máis muros da vergoña no Sáhara e en Gaza... Mesmo en España temos quilómetros de aramadas con concertinas.

Todos estes son exemplos de episodios de fracaso do ser humano na consecución dos principios da Declaración que a ONU quere conmemorar. É incrible que en pleno século XXI, con toda a tecnoloxía que temos ao noso alcance, teñamos que seguir falando do incumprimento dos Dereitos Humanos en cada vez máis rexións do planeta. O panorama é desolador. Pero aínda con todo o negativo, desde institucións locais como o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, traballamos con afouteza para o cambio. Comezando desde o local.

O Fondo xa está a promover, dende hai 20 anos, máis de 150 proxectos en preto de 30 países, como Cabo Verde, Nicaragua, Cuba ou Perú. Traballando pola igualdade, a educación, a sanidade, o acceso á auga e ao saneamento, a vivenda... Os 91 concellos e tres deputacións que conforman o Fondo están a demostrar que, a través do traballo conxunto, os Dereitos Humanos son máis que dúas verbas escritas nun papel demasiado antigo. E que desde o local, pódense plantar as sementes da cooperación internacional e a solidariedade. Sementes que agromen nas novas xeracións, protagonistas últimos do futuro. É imprescindible, pois, educar nestes valores.

Por todo isto, hai que comprender que a revolución comeza nun mesmo. E no que cada un de nós, como individuos que formamos parte dunha sociedade de sociedades, aportamos para mellorar o mundo. Con cada xesto orientado á cooperación para o desenvolvemento por parte de pequenos Concellos e outras institucións locais, das ONGD, ou das institucións educativas, o cambio faise real. A partir do local, e neste momento crucial para a humanidade, é necesario o pulo conxunto que inste aos Gobernos estatais a implicarse completamente nesta causa. E desde a política, temos a obriga de traballar por estes obxectivos. Non ten sentido seguir levantando muros inútiles nunha existencia que, antes ou despois, iguálanos a todos.

Marga Figueroa
Concelleira en Oleiros e vogal do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

*Artigo de opinión publicado en La Opinión con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos

Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos