Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Santiago de Compostela 2018-04-30

Declaración institucional ante os bombardeos liderados por EEUU en Siria

Fotografía tirada por Felipe Carnotto na ruta dos Balcáns pertencente á exposición 'No colo da esperanza'.

O que comezou como un levantamento pacífico contra o presidente sirio Bashar al Asad en 2011 converteuse nunha cruenta guerra civil que xa segou preto de medio millón de vidas. Así mesmo, o conflito provocou un dos maiores éxodos da historia recente, con máis de 5 millóns de persoas desprazadas que ven sistematicamente vulnerados os seus dereitos, a maioría das cales se refuxian nos países veciños. Aínda que só un 10% busca asilo en Europa, aquí adoitan atoparse ademais co rexeitamento de Estados que eluden a súa responsabilidade na acollida de persoas que foxen da violencia e as inxustizas, á procura dun futuro en paz.

Neste contexto, o pasado 14 de abril Estados Unidos, con Francia e Reino Unido como aliados, decidían bombardear tres obxectivos gobernamentais tras un suposto ataque con armas químicas contra a poboación civil de Douma, en mans dos rebeldes, que deixou polo menos 40 mortos e que foi desmentido por Siria e Rusia. As tres potencias occidentais cumprían así a ameaza de Donald Trump, que pouco despois se vangloriaba do ataque nas redes sociais. E facíano sen esperar unha resolución da ONU nin a aprobación dos seus respectivos parlamentos, unha situación que infelizmente lembra á foto das Azores previa á invasión de Iraq en 2003, xustificada nunhas armas de destrución masiva que nunca apareceron e que non supuxo unha solución efectiva para a inestabilidade na zona. Trátase ademais dunha reacción moi distinta á que habitualmente se ten con gobernos como o da poderosa Arabia Saudita, cuxa intervención militar en Iemen é máis que cuestionable pero, con todo, tolerada e esquecida por potencias "amigas", que de paso se enriquecen co tráfico de armamento.

Ante esta situación, desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, integrado por 94 concellos e as deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, queremos manifestar a nosa enérxica condena aos ataques contra civís, pero tamén cremos firmemente que a resposta á violencia non pode ser máis violencia e por iso expresamos asemade o noso rexeitamento a uns bombardeos ordenados á marxe da comunidade internacional, sen que previamente se esgotase a vía diplomática.

Pola contra, reclamamos que se deixen a un lado os intereses xeopolíticos particulares e se apoien os esforzos internacionais encabezados por Nacións Unidas para negociar a paz, que ata agora foron sabotados polo réxime sirio. Neste proceso, reivindicamos ademais que se acorden treguas para abrir corredores humanitarios que permitan atender á poboación, atrapada no enfrontamento. Do mesmo xeito, esixímoslle á Unión Europea e ao Estado español que cumpran os seus compromisos respecto da acollida de persoas refuxiadas e rexeitamos calquera reacción xenófoba contra elas.

O Fondo Galego expresa a súa repulsa ante calquera inxerencia bélica en calquera lugar do mundo e pon a disposición a súa experiencia e capacidades para favorecer o diálogo entre as distintas administracións que deben participar na construción dun futuro pacífico.