Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-05-16

Experiencias internacionais inspiran a implementación dos ODS nos municipios galegos

- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza unhas xornadas para promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na administración local.
- O seminario, que terá lugar o 31 de maio na Cidade da Cultura, contará con destacados expertos e amosará iniciativas pioneiras en Alemaña e Holanda.

Inspirar aos municipios para que contribúan a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU é a finalidade das Xornadas 'A localización dos ODS e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento' que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o 31 de maio na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), a partir das 9 horas. O seminario contará con destacados nomes expertos neste eido e con interesantes exemplos pioneiros en Europa.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son 17 metas que os líderes e lideresas mundiais adoptaron a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no horizonte de 2030. Os ODS abranguen temas coma o xénero, a saúde, a educación, o medio ambiente ou a paz, e inclúen indicadores que entroncan coas competencias locais. Deste xeito, os gobernos municipais poden tomar medidas para o seu cumprimento interno, aliñando as súas políticas coa nova axenda do desenvolvemento, e tamén poden contribuír á súa consecución nos lugares máis desfavorecidos a través da cooperación internacional e da participación en redes coma o Fondo Galego.

A asociación de concellos e deputacións organiza por segundo ano consecutivo unha xornada para concienciar sobre o papel chave que estas administracións teñen na consecución dos ODS e dar a coñecer os avances que se están producindo no ámbito europeo. Deste xeito, tras a presentación a cargo de representantes políticos do eido local, provincial e autonómico, o encontro abrirase co relatorio 'Os ODS e a importancia da súa implementación nos municipios', a cargo de Ines Sánchez de Madariaga, asesora da Red Española para el Desarrollo Sostenible e experta internacional en materia de xénero no urbanismo ou a innovación.

Seguiralle unha mesa redonda sobre 'Boas prácticas na localización dos ODS: experiencias desde os gobernos locais' que contará con exemplos chegados da rexión alemá de Renania do Norte/Westfalia e do concello holandés de Rheden, así como da Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desenvolvimento de Portugal e do Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional.

Durante o seminario organizaranse ademais dous obradoiros paralelos: un sobre a xestión de actividades de educación para a cidadanía global desde os concellos e deputacións e outro arredor das convocatorias municipais de subvencións a proxectos de cooperación para o desenvolvemento. Estes workshops contarán coa participación da Coordinadora Galega de ONGD e de persoas expertas nas distintas materias.

As persoas interesadas en asistir ás Xornadas 'A localización dos ODS e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento' teñen de prazo ata o 28 de maio para inscribirse de balde no enderezo electrónico acorzo@igadi.org ou no teléfono 986 843 436. Tanto persoal político e técnico das deputacións e concellos socios do Fondo Galego coma o daquelas administracións locais que aínda non o son está convidado a esta sesión formativa, alén doutros axentes de cooperación, membros da comunidade educativa, asociacións e cidadanía en xeral. O evento conta co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e poderá seguirse a través de twitter co hashtag #AFondoCosODS.

Programa das xornadas
Cartaz das xornadas