Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Alfoz 2018-05-25

Aposta polos ODS no Día de África

FOTO: Rober Amado

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son 17 metas globais que os Estados membros da ONU acordaron a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o medio ambiente e asegurar a prosperidade para todas as persoas no horizonte de 2030. Semellan ideais moi ambiciosos, case imposibles de acadar, pero todas e todos podemos contribuír a que se fagan realidade, desde os gobernos centrais e autonómicos ata a cidadanía colectiva ou individualmente. E tamén os municipios, mesmo pequenos concellos coma no que teño a honra de exercer como concelleiro, teñen un papel clave para acadar os ODS.

Os gobernos locais poden tomar medidas para o cumprimento interno destes obxectivos, aliñando as súas políticas públicas coa nova axenda do desenvolvemento, pero tamén poden contribuír á súa consecución nos lugares máis desfavorecidos a través da cooperación internacional. Alfoz xa o está a facer coa súa recente incorporación ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha rede de deputacións e concellos comprometidos cos Dereitos Humanos que permite a calquera administración local participar na realización de proxectos de desenvolvemento con impacto nos países do Sur e levar a cabo actividades na vila para sensibilizar á veciñanza fronte as desigualdades.

Deste xeito, mañá mesmo desenvolveremos en Alfoz unha xornada dedicada ao Día de África, que se conmemora hoxe 25 de maio, con propostas facilitadas polo Fondo Galego, coma o concerto de Batuko Tabanka, grupo de mulleres de orixe caboverdiana da Mariña lucense, comunidade á que ademais me sinto especialmente unido, ou a exposición 'Galicia-Cabo Verde: unha irmandade', realizada no arquipélago lusófono polo fotoxornalista Rober Amado. Unha celebración na que poremos en valor un continente con demasiada frecuencia marcado polos estereotipos pero que tamén quero aproveitar aquí para vincular ao primeiro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

"Pórlle fina á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo", reza o ODS número 1, un titular moi xenérico pero que se concreta á súa vez en indicadores precisos. A pobreza non é só un problema de diñeiro, tamén ten que ver co incumprimento dos dereitos humanos, por exemplo. Entre as súas manifestacións atopamos a fame, a falta dunha vivenda digna e o acceso limitado a servizos básicos como a educación ou a saúde. Tamén a discriminación e a exclusión social, que impide ás persoas empobrecidas participar na toma de decisións que lles afectan.

O Fondo Galego ten nestes momentos en marcha varias iniciativas na África lusófona para loitar contra a pobreza, coma o proxecto coa Fundação Encontro para previr doenzas e adiccións na mocidade a través do deporte ou a construción de pozos para evitar mortes polos ataques de crocodilos no río Zambeze, ambas as dúas en Mozambique. Ao tempo, financia outra acción da ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz para mellorar o acceso á auga e as prácticas de hixiene nunha localidade de Guinea-Bissau, alén da colaboración histórica con Cabo Verde que promoveu nas illas máis de 30 proxectos en materia de xénero, educación, auga e saneamento, vivenda ou infraestruturas comunitarias. Ademais, o vindeiro xoves celebraranse na Cidade da Cultura as Xornadas 'A localización dos ODS  e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento', con experiencias pioneiras en Alemaña e Holanda, nas que se amosará asemade unha nova exposición de viñetas sobre os ODS autoría de debuxantes de Galicia e África, que está a disposición de todos os concellos socios.

Queda demostrado así que as administracións locais galegas teñen capacidade para influír de xeito construtivo no presente e no futuro dun mundo global, onde por afastados que parezan determinados escenarios están máis vinculados ca nunca e tamén é a nosa responsabilidade dar a coñecer e actuar en positivo sobre esoutras realidades. Unirse ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é un xeito de facelo con eficacia e transparencia.

Xabier Pardiñas
Tenente alcalde e concelleiro de Cultura de Alfoz

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día de África

Aposta polos ODS no Día de África