Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Rianxo 2018-06-17

A loita contra o cambio climático, clave para acabar coa fame

A poboación refuxiada saharauí vese afectada pola seca.

Nun lugar como Galicia, onde aparentemente a auga agroma en calquera recuncho, semella non ter sentido falar de desertización, pero tamén é certo que no país dos mil ríos se teñen dado problemas de desabastecemento ou deforestación e que, en todo caso, o noso xeito de actuar aquí ten efectos sobre zonas en principio afastadas. Hoxe conmemórase o Día Mundial contra a Desertificación e a Seca, un dos principais retos medioambientais do noso tempo a nivel global, tal e como recollen os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados por Nacións Unidas. Un fenómeno contemplado explicitamente no ODS número 15, que chama a tomar medidas para reverter a degradación da terra, pero que tamén ten relación directa co ODS 2: Poñer fin á fame, acadar a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible.


Aínda que a cifra baixou nos últimos anos, estímase que na actualidade 815 millóns de persoas seguen a estar subalimentadas no mundo. Un dato a todas luces intolerable, cando actividades como a acuicultura e os cultivos, canda os recursos dos montes e os océanos, permitirían alimentar a todo o planeta, se se xestionaran de maneira axeitada. No entanto, os mares e os bosques están a sufrir un rápido deterioro debido á sobreexplotación e o cambio climático, polo que é preciso emprender reformas para atallalo. Ao tempo, cómpre previr as distorsións nos mercados agropecuarios mundiais, facilitando a información sobre as reservas de alimentos de xeito que se reduza a extrema volatilidade nos prezos e, polo tanto, as dificultades de acceso.

A situación é especialmente grave cando falamos de poboación vulnerable e de zonas desérticas. Así aconteceu en 2017 nos campamentos de Tinduf (Alxeria), onde vive a poboación refuxiada saharauí. O esgotamento das reservas de produtos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigou ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao tempo que minguaron os alimentos frescos dispoñibles, tamén se acabaron os produtos micronutrintes, dirixidos a loitar contra a malnutrición e a anemia, poñendo en risco a 220.000 mulleres e nenos afectados por estas doenzas. Xerouse así unha grave crise alimentaria, que coincidiu co aumento das temperaturas, polo que foi preciso reclamar a colaboración da comunidade internacional.

Un chamamento ao que responderon entidades coma o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que achegou 6.000 euros para a provisión de alimentos a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps). Unha axuda humanitaria que foi posible aportar, coma noutras ocasións, grazas ao compromiso solidario das administracións locais que integran o Fondo Galego. Unha rede na que o Concello de Rianxo está orgulloso de participar, non só porque coa súa cota contribúe a paliar situacións de emerxencia, senón porque tamén apoia proxectos de desenvolvemento nos países do Sur, actividades de sensibilización fronte as desigualdades en Galicia ou programas de cooperación técnica como Vacacións con Traballo, co que dúas empregadas municipais tiveron a oportunidade de colaborar en Cabo Verde e Mozambique. Son pequenas accións, pero todas elas moi valiosas para afrontar o desafío de acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en 2030.

Adolfo Muíños
Alcalde do Concello de Rianxo

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Mundial contra a Desertificación e a Seca

A loita contra o cambio climático, clave para acabar coa fame