Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Lousame 2018-08-19

Benestar para todas as persoas, alá e acolá

O Fondo Galego apoiou a atención psicolóxica infantil en Gaza a través da UNRWA tras a ofensiva israelí de 2014."Garantir unha vida sa e promover o benestar para todas as persoas en todas as idades". Así reza o terceiro dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que os Estados membros da ONU fixaron a finais de 2015. Na consecución dese fin se centra tamén o labor de boa parte das traballadoras e traballadores de distintas organizacións que arriscan as súas vidas achegando axuda de emerxencia en crises de distintos lugares do planeta e aos que hoxe se lles rende tributo, no Día Mundial da Asistencia Humanitaria.

O Fondo Galego de Cooperación reserva nos seus orzamentos unha partida para contribuír a paliar estes desastres, facendo así partícipes ás deputacións e concellos socios da solidariedade coas poboacións afectadas, máis alá dos proxectos de desenvolvemento que apoian cada ano. Deste xeito, nos últimos tempos cofinanciáronse intervencións logo dos terremotos en Haití e Ecuador ou tras o paso do tifón Haiyán por Filipinas. Tamén colaboramos na dotación de material médico e no tratamento psicolóxico de nenas e nenos en Palestina, na reconstrución dun centro sanitario e na adquisición de alimentos para os campamentos saharauís ou na achega de artigos para combater a vaga de frío na ruta dos Balcáns que seguen as persoas refuxiadas.

Todo isto da man de entidades especializadas, como a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA-España), a Cruz Vermella ou Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), cuxa ampla experiencia garante a eficacia da axuda. O esforzo do persoal destas e outras entidades, traballando man a man coa poboación e as autoridades locais cando é viable, contribúe a que nas últimas décadas se teñan dado avances no ODS 3 coma o aumento da esperanza de vida ou a diminución da mortalidade infantil. Tamén se mellorou no acceso a auga limpa e ao saneamento, áreas que o Fondo Galego ten impulsado en países coma Cabo Verde, e reduciuse a incidencia de enfermidades como a malaria ou a sida.

No entanto, cómpre seguir atallando estas e outras doenzas, como a tuberculose ou a hepatite, así como ofrecer unha cobertura sanitaria universal e o acceso aos medicamentos. Metas que podemos axudar a acadar nos países máis desfavorecidos, pero polas que os gobernos tamén deben velar na nosa propia contorna. Os accidentes de tráfico, as enfermidades de transmisión sexual ou a contaminación son algunhas das problemáticas recollidas no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 3 e sobre as que os gobernos rexionais e locais poden incidir de xeito directo, por exemplo mediante a súa planificación urbana ou a promoción do transporte público, para fomentar estilos de vida máis saudables.

Cómpre apuntar tamén, neste senso, a importancia das actividades de educación e de sensibilización, nas que o Concello de Lousame vén traballando desde hai anos canda o Fondo Galego. Sen ir máis lonxe, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente acolliamos na vila o espectáculo 'Ti tamén contas', da Tropa de Trapo, que fixo reflexionar a máis de 70 estudantes de Primaria. Cada persoa no seu día a día, pero tamén os Estados, as comunidades autónomas e por suposto os municipios, teñen un papel moi importante no cumprimento dos ODS, xa que poden tomar medidas para que se fagan realidade tanto na nosa contorna coma nos denominados países do Sur.

Silvia Agrafojo
Concelleira de Servizos Sociais, Educación e Sanidade de Lousame

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Mundial da Asistencia Humanitaria

Benestar para todas as persoas, alá e acolá